Noticias Ayuntamiento de Vigo 27-01-12


O alcalde anuncia que en tres semanas inícianse humanizacións por valor de 15 millóns

Abel Caballero informou hoxe venres dos nomeamentos da dirección facultativa das obras de humanización de Ramón Nieto, Doctor Marañón, Brasil, Martínez Garrido, Nicaragua, Aragón, Menéndez Pelayo e Pintor Colmeiro, reformas que crearán “centos de empregos” e darán comezo en tres semanas. O goberno local tamén deu luz verde ao nomeamento da dirección facultativa da segunda fase da futura escola infantil de Mestres Goldar.

 


O Concello investirá no Entroido 95.000 euros, cun aforro de 25.000 euros respecto a 2011

A organización do Entroido suporá este ano 95.000 euros ás arcas municipais, o que supón un aforro de 25.000 euros respecto a 2011, cando o custe se elevou a 120.000 euros. A pesares desta redución, entre o venres 17 e o 22 de febreiro, “teremos un magnífico Entroido”, indicou o rexedor, aludindo á celebración da Cabalgata, que resultou un éxito aínda que tamén foi máis austera que anos anteriores.

 

O Concello asume a xestión do parque de Navia e dos espazos pendentes entre os edificios

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres que tanto o Consello da Xerencia municipal de Urbanismo como a posterior reunión da Xunta de Goberno Local aprobaron que o Concello recepcione tanto o parque de Navia como os espazos entre edificios que aínda quedaban pendentes de asumir. Por outra banda, Urbanismo concedeu 14 licenzas de obras por valor próximo a medio millón de euros e outras 10 autorizacións de actividade.

 


Caballero recibe a unha delegación de vinte estudantes chinos que participan nun intercambio escolar

O alcalde de Vigo recibiu na mañá deste venres na Alcaldía a unha delegación de estudantes dun colexio de Hong Kong que, acompañados por alumnos do centro Montecastelo, participan nunha visita cultural dunha semana na nosa cidade.

 


O alcalde participa no Verbum no II Seminario de Emerxencia Social

O II Seminario de Emerxencia Social organizado hoxe venres no Verbum contou coa presenza do alcalde, Abel Caballero. Organizado pola Comisión de Incorporación Social do PLDA – Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adicións. O Seminario ten como obxectivo analizar a realidade da pobreza e a exclusión social en Galicia; coñecer a normativa autonómica galega no referente aos centros de inclusión social e emerxencia social; valorar as liñas de acción para a inclusión social no ámbito autonómico e local, así como analizar os retos das entidades de iniciativa social no contexto actual.

 


ACTIVIDADES “CAMIÑO A CAMIÑO” 2012

A Concellería de Medioambiente organiza para o primeiro trimestre do ano esta popular iniciativa de saúde e educación ambiental, que desta volta continúa cos roteiros pola cidade e suma novas saídas fóra do municipio, programa actividades específicas para a xuventude e a infancia, e engade un novo apartado de cursos e voluntariado ambiental.

 


Contacontos sobre a comida na Biblioteca Xosé Neira Vilas

O sábado 28, ás 12 horas, terá lugar na Biblioteca Xosé Neira Vilas unha actividade de contacontos e obradoiro sobre a comida, dentro da mostra bibliográfica de cociña.

 

Pleno da Corporación

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “Noticias Ayuntamiento de Vigo 27-01-12”

  1. European Football Championship dice :

    John Wayne: “Tomorrow is the most important thing in life. Comes into us at midnight very clean. It’s perfect when it arrives and it puts itself in our hands. It hopes we’ve learned something from yesterday.”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: