A Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia, denuncia o desmantelamento da Consellería do Mar

O sector marítimo-pesqueiro de Galicia abandoado a súa sorte e desmantelado.- As competencias do Mar, convertense en meras oficinas de correos dos técnicos de Medio Rural. Rosa Quintana e Xosé Manuel Balseiro traizonan e enganan o sector pesqueiro. Os problemas dos armadores de Vigo ou Vilagarcía terán que ir a Pontevedra a falar cun que sabe de agricultura, os de Ferrol e Coruña levaraos un que sabe de vacas, os pescadores de Burela e Celeiro terán que ir a Lugo a falar con alguen que non veu o bonito mais que no prato, realidade esta, que xa esta publicada no DOG. O actual goberno da Xunta desmantelou a Consellería do Mar e as suas competencias son absorbidas pola de Medio Rural, as xefaturas territoriais que é a onde se dirixía o sector pesqueiro e marisqueiro para amañar diversos trámites administrativos e as cousas,  jefaturas estas entregadas pola señora Quintana á Consellería do Medio Rural, caendo en mans de técnicos de Medio Rural, que nada saben, nin teñen que ver co sector marítimo pesqueiro de Galicia.

Diversos entes e perjudicados, fan cegar a Pladesemapesga as súas queixas, afirmando que o señor Balseiro pretende enganar ós mariñeiros e mariscadores, coma se non soubesen ler, e pensa que van crer as mentiras da señora Quintana e o señor Balseiro coma se fosen tontos. Afirman nas súas declaracións públicas os altos cargos e a titular de Medio Rural e Mar, que as cousas non cambiaron nada e que so é un cambio de nome. Pero estas mentiras contradícense co que escribiron no DOG, denuncian ante a Plataforma dende o sector.Todas as competencias serán exercidas polo xefe territorial de Medio Rural(e do Mar) que estará en moitos casos a 100 km da costa,coma é o caso de Lugo.A señora Quintana demostrou que o mar importalle ben pouco, pois en todos os caso foron os de medio rural os que colleron todas as  competencias e quedan os da Consellería do mar coma oficinas de correos quen non amañarán nada, que so lle enviarán ós de medios rural os papeles dos mariñeiros para que decidan eles, que se fai, con algo do que seguramente non teñen nin idea para resolver. ´

Prometeron que as cousas non cambiarían e agora atopánse con que os problemas serán estudados e resoltos por xente que non sabe nada de pesca e a xente que non sabe do mar, polo que non poderá amañar nada a salvo de alargar no tempo as solucións que deberan solictar a terceiras persoas mais enteradas do asunto a tratar.

 Piden os perjudicados que sería bo que Sra Quintana explicase porque puxo ó fronte de todas as provincias a xente do Medio Rural e non á súa propia xente.   “ Será que o mar e as xentes que viven del non lle preocupan “.

 Os problemas dos armadores de Vigo ou Vilagarcía terán que ir a Pontevedra a falar cun que sabe de agricultura, os de Ferrol e Coruña levaraos un que sabe de vacas, os pescadores de Burela e Celeiro terán que ir a Lugo a falar con alguen que non veu o bonito mais que no prato.

 O que xa está publicado e que TODAS as acompetencias estarán nos xefes territoriais de Medio Rural e as oficinas de pesca so serán para coordinar.

Ou sexa os de pesca moverán os papeis pero a última palabra teranna os de Medio Rural.

 Vese que Rosa Quintana e Balseiro fianse ben pouco da xente que levaba a súa consellería que non contan con eles para nada.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120124/AnuncioG0165-230112-11331_gl.html

DECRETO 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Artigo 18. Xefaturas territoriais.

1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería do Medio Rural e do Mar organízase nas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que desenvolverán as súas funcións no ámbito territorial das delegacións territoriais en que se integren, salvo a Xefatura Territorial de Pontevedra que desenvolverá tamén as súas funcións no ámbito territorial de toda a provincia, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril.

 2. Á fronte de cada xefatura territorial existirá un xefe territorial do cal dependerán organicamente todos os servizos e as unidades administrativas da consellería que radiquen no ámbito territorial mencionado. As súas funcións serán as relativas ao réxime interior, a tramitación administrativa, a xestión de persoal, e a tramitación das incidencias relativas ao parque móbil da xefatura, o inventario de bens mobles e inmobles adscritos, a información ao público, o control contable e a xustificación dos créditos que se lle asignen, así como a elaboración de estatísticas.

4. Na Coruña, Vigo e Celeiro existirá unha Xefatura de Coordinación da Área do Mar con nivel orgánico de servizo que, baixo a dependencia das xefaturas territoriais, coordinará as materias que sexan competencia da Secretaría Xeral do Mar,

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120124/AnuncioG0165-200112-11287_gl.html

ORDE do 20 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias no secretario xeral técnico, secretarios xerais, directores xerais e xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar e no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Deléganse nos/as xefes/as territoriais da Coruña, Lugo e Pontevedra as seguintes competencias en materia de acuicultura:

a) As seguintes funcións, de acordo co disposto no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (modificado polo Decreto 338/1999, do 3 de

2. decembro, e Decreto 174/2002, do 10 de maio):

1. Autorización de cambios de sistema, de acordo co establecido na Orde do 18 de abril de 2001, que regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños.

2. Comunicación ao titular do viveiro que non reúne as condicións mínimas de seguridade exixibles da perigosidade que aquel representa, así como da necesidade de reparación inmediata e o prazo para levala a efecto.

3. Autorizacións para o traslado de semente, desdobramento e adultos entre distintas rías, sempre dentro do seu ámbito territorial, de acordo o establecido na Orde do 14 de marzo de 1997, que establece as condicións para o traslado de moluscos bivalvos entre viveiros situados en augas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Habilitacións para a extracción de semente de mexillón como consecuencia dos acordos subscritos entre concesionarios de bateas ou as súas asociacións e as confrarías de pescadores ou agrupacións de mariscadores, de acordo co establecido na Orde do 26 de outubro de 2000, que regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais.

b) A resolución dos expedientes en materia de transmisión dos seguintes títulos:

1. Concesións de bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia, de acordo co artigo 63 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia, e a Orde do 15 de xuño de 1999, que regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (modificada pola Orde do 8 de maio de 2000).

2. Concesións de establecementos de cultivos mariños na zona marítimo-terrestre, de acordo co artigo 54 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

3. Permisos de actividade de establecementos de acuicultura na zona terrestre, de acordo co artigo 70 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, o Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, e a Orde do 21 de xullo de 2000, que regula o procedemento para a transmisión da titularidade do permiso de actividade en establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

c) A resolución dos expedientes en materia de prórrogas de:

1. Concesións de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, de acordo co artigo 61 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, o artigo 13 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e a Orde do 17 de novembro de 1999, que regula o procedemento para o outorgamento de prórrogas das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

2. Concesións de establecementos de cultivos mariños na zona marítimo-terrestre, de acordo co artigo 53 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

d) A resolución dos expedientes en materia de cambios de localización e permuta dos puntos de fondeadura dos viveiros de cultivos mariños habilitados mediante concesión, de acordo coa Orde do 18 de abril de 2001, que regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños.

e) A resolución dos expedientes en materia de inmersión de especies mariñas nas augas de Galicia, de acordo co artigo 8 bis da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e cos artigos 54 e seguintes do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: