A XUNTA PON EN MARCHA EN PONTEVEDRA O CONSELLO PROVINCIAL DE EMPREGO, UN NOVO ÓRGANO CONSULTIVO EN MATERIA LABORAL

 Trátase dunha iniciativa acordada no seo do Diálogo Social entre patronal, sindicatos (CCOO e UGT-Galicia) e a Administración autonómica

  • A nova organización está composta polo Consello autonómico de emprego, xunto cos consellos provinciais e os comités territoriais
  • Esta nova actuación suporá unha maior eficacia e eficiencia dos órganos consultivos, ao tempo que garante a participación dos axentes socioeconómicos
  • O consello provincial de Pontevedra ocuparase de facer o seguimento da aplicación, a nivel provincial, dos acordos do Consello autonómico de emprego e de formular recomendacións sobre a situación e desenvolvemento do emprego na provincia

 Pontevedra, 30 de xaneiro de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de constituír hoxe en Pontevedra o Consello Provincial de Emprego, tal e como se acordou no seo do Diálogo Social entre patronal, sindicatos (CCOO e UGT-Galicia) e a Administración autonómica. A iniciativa dá cumprimento ao decreto aprobado a finais de 2011 polo Consello da Xunta, polo que se crea en Galicia o Consello autonómico de emprego, xunto cos consellos provinciais e os comités territoriais de emprego. Estes configuraranse como órganos colexiados, de carácter consultivo, que se encargarán de funcións de asesoramento en materia de emprego. Estarán adscritos á Consellería de Traballo e Benestar Tras constituírse os consellos provinciais nas catro provincias galegas, o seguinte paso será crear o Consello autonómico de emprego, que terá lugar o próximo día 6 de febreiro. Pola súa banda, os comités territoriais de emprego poranse en marcha antes de que remate o mes de abril.

 Consello provincial

O consello provincial de emprego de Pontevedra está constituído por persoal das xefaturas territoriais de Traballo e Benestar, e por representantes das organizacións empresariais e sindicais. Estes órganos ocuparanse de facer o seguimento da aplicación, a nivel provincial, dos acordos do Consello autonómico de emprego; de formular propostas e recomendacións sobre a situación e desenvolvemento do emprego na provincia; de analizar a información e os informes sobre o emprego nese ámbito territorial; así como de emitir informes sobre a programación das distintas medidas das políticas activas de emprego cando estas sexan competencia das xefaturas territoriais. As reunións dos consellos provinciais serán trimestrais, tras convocatoria da presidencia.

Comités territoriais

O decreto establece a creación de 4 comités territoriais de emprego na provincia de Pontevedra que abarcarían as seguintes zonas: Pontevedra interior; Pontevedra-centro; Vigo; Pontevedra sur. As funcións destes comités territoriais estarán centradas en formular iniciativas aos consellos provinciais correspondentes sobre a situación do emprego no seu ámbito territorial, ao tempo que se encargarán tamén de analizar a información sobre o mercado laboral do territorio, así como da aplicación das políticas activas de emprego na zona. Estes comités estarán compostos por representantes da Administración autonómica; das organizacións empresariais; das sindicais; así como tamén dos concellos. A presidencia será rotatoria –cunha vixencia anual- entre as organizacións empresariais, as sindicais e os concellos. As súas reunións serán trimestrais.

 Nova organización

A nova organización suporá unha maior eficacia e eficiencia dos órganos consultivos en materia laboral, ao tempo que garante a participación dos axentes socioeconómicos, que terán representación en todos os órganos que se crean. Outro dos puntos salientables deste novo modelo é que este non suporá un incremento do gasto público e que, ademais, permitirá un importante aforro respecto á organización anterior. Coa entrada en vigor desta normativa quedan derrogados o comité autonómico de emprego; os comités provinciais de emprego e os pactos territoriais.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: