COMUNICADO DE PRENSA CARLOS LÓPEZ FONT -Voceiro socialista de Vigo

 

 

Vigo, 31 de xaneiro de 2012

 

– Ante as declaracións realizadas esta mañá sobre que a UE ratifica Vigo como porto subsidiario, Carlos López Font, voceiro socialista quere aclarar que o alcalde, Abel Caballero, estivo desde o principio ao fronte das demandas ao Ministerio de Fomento para conseguir que Vigo fora porto nodal europeo. Neste contexto e unha vez coñecido que a Unión Europea impedía clasificar como nodais dúas terminais portuarias nunha mesma comunidade autónoma, ocupando A Coruña este espazo por toneladas movidas, o rexedor avanzou que o anterior Goberno Central traballaba na liña de que Vigo accedera a este status como cabeceira dunha Autopista de Mar, xa que nese caso Europa non tiña en conta o territorio e non distinguía entre volume e valor de mercadorías e, de ter en conta o valor das mesmas, Vigo ocuparía o primeiro lugar en Galicia. Polo tanto, é o PP o que ten que explicar en que situación se atopa a Autopista do Mar de Vigo posto que, aínda que o PP de Vigo o esqueza, é o Goberno do señor Rajoy o que nestes intres ten e responsabilidade de velar polos intereses de Vigo, Emprazamos ao PP a dar conta de cales foron os pasos que deron para conseguir que a UE recoñeza Vigo como nodal porque esta resolución chega co Gobern oCentral nas mans dos populares.

Carlos Font

Voceiro do grupo municipal socialista

Praza do

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: