A XUNTA IMPULSA EN BRUXELAS A MELLORA COMPETITIVA DO SECTOR NAVAL GALEGO A TRAVÉS DA COOPERACIÓN CON OUTRAS REXIÓNS EUROPEAS

  • O secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, Borja Verea, intervén mañá no Parlamento Europeo nun encontro no que se abordarán os novos horizontes para as industrias marítimas
  • A Fundación Galicia Europa organiza unha reunión de clúster europeos do sector co obxectivo de definir novas iniciativas para reforzar a competitividade desta industria

Santiago, 1 de febreiro de 2012.- A  Xunta, na súa aposta por apoiar e impulsar o naval galego como un dos sectores industriais estratéxicos para Galicia, promove a mellora competitiva do sector a través da colaboración e o intercambio de experiencias con outras rexións europeas. Neste sentido, o secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, Borja Verea, intervén mañá no Parlamento Europeo no encontro “Pensa diferente: novos horizontes para a industria marítima”, que se inscribe no marco de creación dunha rede de rexións con sector naval na que Galicia participa a través da Fundación Galicia Europa 

Despois desta audiencia pública, a entidade organiza na súa sede en Bruxelas un encontro de clúster do sector naval de distintas rexións europeas, en colaboración co clúster galego, Aclunaga. O obxectivo desta reunión, que inaugurará Borja Verea, é compartir experiencias e explorar novas sinerxías para reforzar a competitividade e a innovación deste sector, así como impulsar unha rede de clúster rexionais da industria naval. Neste encontro tamén intervirán o director xeral de Industria da Comisión Europea, Daniel Calleja, así como Mario Dogliani, vicepresidente da plataforma tecnolóxica europea do sector marítimo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: