Noticias Ayuntamiento de Vigo 01-02-12


O alcalde reclama ás administracións «ir xuntos» para que Vigo sexa porto nodal europeo

Abel Caballero adiantou na mañá deste mércores que o goberno local concluirá en días o documento encargado para demandar a Europa a consideración de Vigo como porto central no continente -agora figura como complementario-, texto que será remitido o próximo luns á ministra de Fomento, ao Comisario europeo de Transportes e aos europarlamentarios españois. Para conseguilo, o alcalde de Vigo avogou pola unidade do Porto, o Concello, a Xunta e o Goberno de España.

 


Caballero di que o Goberno Central foi «receptivo» coas peticións dos concellos sobre finanzamento e liquidez

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá de mércores que Vigo disporá dun millón de euros máis para investimentos para o próximo exercicio. Esa foi unha das conclusións da reunión que Caballero liderou onte pola tarde entre a Comisión Nacional de Administración Local e responsables do Ministerio de Fomento. O vicepresidente da Femp mostrouse satisfeito co encontro porque «o Goberno de España está a prestar atención ás nosas demandas»

 


Caballero salienta o traballo «produtivo» a desempeñar polos 84 novos empregados municipais

O alcalde de Vigo ofreceu este mércores a súa benvida aos novos traballadores do Concello, 84 empregados de promoción interna ou de quenda libre que obtiveron a súa praza na Oferta de Emprego Público. Abel Caballero indicou que trátase dun «traballo moi produtivo» e recordóulles que «somos todos servidores públicos dos 300.000 cidadáns» de Vigo.

 


Abel Caballero presentou a conferencia do alcalde de Oporto no Fórum Europa en Vigo

O alcalde vigués presentou a conferencia ofrecida polo seu homólogo portugués,Rui Rio, celebrada na mañá deste mércores en Vigo. O alcalde de Oporto expuxo o seu plantexamento sobre as conexións ferroviarias entre Galicia e Portugal, o tren de Alta Velocidade, ou as novas peaxes impostas polo executivo de Lisboa nas autoestradas lusas.

 


As paisaxes de Xosé Luis Otero, nova mostra pictórica na Alcaldía de Vigo

O alcalde, o artista e distintos corporativos e representantes da cultura viguesa participaron este mércores na inauguración dunha nova edición de Mostrarte -iniciativa que leva a pintura ás dependecias municipais-, nesta ocasión a cargo de Xosé Luis Otero. O seu trazo desbota a liña firme para construir recoñecibles paisaxes galegas mediante manchas de cor.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: