O PP tenta modificar a Lei de Costas para pór a disposición das construtoras o litoral galego, denuncia Pladesemapesga

A reforma da Lei de Costas tentada por Feijóo, comeza a ver a luz da catástrofe en Galicia, asentada hoxe por Arias Cañete, que abrirá novos usos urbanísticos e destrución no litoral virxe de Galicia, así Ecoloxistas en Acción xa puxera en marcha o Mapa da Especulación, dentro da súa web participativa Ecowiki, unha páxina onde xa se recollen máis de 250 casos de ameazas urbanísticas ao medio ambiente coa falta de compromisos pon en alerta á nosa organización. A Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro, esta convecida de que con Feijóo e Rajoy, tentan volver custe o que custe a vellas políticas de destrución do litoral galego ao simplificar as esixencias do procedemento da Avaliación Ambiental. Tras o discurso do ministro, Arias Cañete, queda moi claro que o PP considera ás políticas ambientais un obstáculo para o desenvolvemento económico (urbanizacións no litoral custe o que custe para realizar unha segunda burbulla inmobiliaria e non unha oportunidade para saír da crise, considerado por parte da nosa Plataforma un ataque directo e unha incursión con amparos legais do PPdG para a futura corrupción urbanística en Galicia.. As novas declaracións de hoxe por boca de Cañete, o PP ataca directamente aos principios fundamentais de defensa do litoral e o uso público da costa galega. Se se alargan as concesións máis aló de 2018, facilítase a desafección do dominio público marítimo terrestre e ábrese a porta a novos usos na costa, tal e como aclarou o Ministro afirmando que non rebaixase o nivel de protección dos ecosistemas costeiros. O PP debería centrarse máis na reforma da Política Pesqueira Común para a protección do litoral galego, se desexa chegar ao elector, Arias Cañete e Rosa Quintana deben xestionar adecuadamente a xestión das pesqueiras dentro do noso litoral fortalecendo aqueles sectores maioritarios como o da frota artesanal que representa o 80% do sector pesqueiro que xere emprego, un armazón socioeconómico e unha pesqueira sustentable, derebando parte dos esforzos que pon na acuicultura por todas as rías galegas.

Plan de Ordenación do Litoral de Galicia

O Partido Popular de Galicia na Modificación da Lei de Costas para abrir negocios en edificios protexidos, o 6 de abril de 2011, defiendía que se abran hoteis na área de servidume do litoral galego, presentando unha iniciativa parlamentaria para instar o Goberno central para que autorice actividades turísticas en edificios catalogados como Bens de Interese Cultural (BIC) situados na zona de servidume do Litoral.

Arias Cañete pretende pór en mans de Feijóo a porta aberta á destrución do litoral galego

Valdoviño – Plan de recuperación da praia de Vilarrube

Vigo – Parque temático en Castrelos Proxecto de construír un parque temático infantil no parque de Castrelos (Vigo) clasificado como Ben de Interese Cultural

Autovía A54 pola Serra do Careón

Ribeira – Escaleiras de acceso á praia de Vilar Verdegaia e a SGHN denuncian a construción de escaleiras de acceso de formigón á praia de Vilar.

Pontevedra – Nó de Mollabao Proxecto de construción dun gran nó e escalextric que consolidaría a ocupación do Dominio Público Marítimo-Terrestre na zona de Mollabao e as marimas de Lourizán na zona de concesión a ENCE.

Ferrol – Ampliación da estrada Covas-San Xurxo Ampliación da via que comunica Covas coa praia de San Xurxo afectando a unha zona Natura 2000

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: