Archivo | febrero 1, 2012

PORTOS DE GALICIA TRASLADA AO CLUBE NAVAL DEPONTEVEDRA O ESTADO DE TRAMITACIÓN DA DRAGAXE DO ACCESO A CORBACEIRAS

  • O ente público estima que a solicitude de calificación ambiental poida estar resolta nun prazo duns dous meses

Santiago, 1 de febreiro de 2012.-  Portos de Galicia vén de informar ao Clube Naval de Pontevedra do estado de tramitación do proxecto de dragaxe da ría de Pontevedra e o acceso ao peirao de Corbaceiras. O presidente do ente público, José Juan Durán, reuniuse cos representantes do colectivo para trasladarlles as previsións do organismo respecto a esta actuación. Durán Hermida deu conta do punto actual no que se atopa a tramitación. Así informou de que xa se solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a calificación ambiental do proxecto. Así mesmo, adiantoulles que o ente público estima que esta petición poida resolverse, de non xurdiren imprevistos, nun prazo aproximado de dous meses. Este informe definirá os requisitos a cumprir de cara á contratación dos traballos. Finalmene, o presidente de Portos de Galicia afondou tamén na magnitude do proxecto. Informou ao Clube Naval de que será a dragaxe de maior magnitude executada polo ente público polo que se trata dun proxecto de grande complexidade técnica e económica. Ao longo de todo o proceso de tramitación Portos trasladará ao Clube Naval, así como aos demáis colectivos da zona implicados, toda a información que se lle requira e espera contar co apoio desta entidade para a execución da obra.

O PROGRAMA ‘EMPREGATE​X’ PERMITIU A ORIENTACIÓ​N DE MÁIS DE 500 PERSOAS E A INSERCIÓN LABORAL DUN TOTAL DE 200

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, fixeron hoxe un balance deste proxecto dirixido a traballadores desempregados do sector téxtil
  • Beatriz Mato indicou que o 39,6% dos participantes acadou a súa inserción laboral, unha porcentaxe que se prevé aumentar antes de que remate a iniciativa
  • Javier Guerra apuntou que o Plan Téxtil Moda Galicia Visión 2020 permitiu destinar ao sector máis de 13,8 millóns de euros, nesta lexislatura
  • O proxecto ‘Empregatex’ é unha das primeiras actuacións consensuada dentro do seo do diálogo social Leer Más…

Teatro Ensalle ofrece otra oportunida​d para ver su último espectácul​o

Puedes ver trailers de los espectáculos de este año 2012 en:

A folla máis alta de Berrobamban http://www.youtube.com/watch?v=vDCl6YF9ETk

El mapa no es el territorio de Cambaleo Teatro http://www.youtube.com/watch?v=fcWKY3jdS5w&feature=related

A Royal Flemish Filarmonic interpreta a Haydn a Schubert en Novacaixagalicia

A formación musical actuará baixo a batuta do mestre Philippe Herreweghe

–   O Centro Cultural da entidade en Vigo acollerá o concerto o 8 de febreiro

01.02.2012.O programa de música clásica que promove Novacaixagalicia en Vigo inclúe o próximo 8 de febreiro, ás 20.30 horas, un concerto da prestixiosa Royal Flemish Filarmonic. A orquestra, dirixida por Philippe Herreweghe, interpretará un repertorio composto por obras de Haydn (Sinfonía nº 102 en Si bemol Maior, Hob I:102)e Schubert (Sinfonía nº 9 en Do Maior, D. 944 “A Grande”).

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOSTA POLA FORMACIÓN DE TITULADOS E PROFESIONAIS NO ÁMBITO DA INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

O Igape impulsa un ciclo de conferencias de expertos dentro do Máster en Comercio Internacional da Universidade de Vigo aberto a profesionais de empresas interesadas en internacionalizarse

§ Os relatorios, impartidos por especialistas nacionais e internacionais, abordarán aspectos como o marqueting en liña, as negociacións, a fiscalidade ou a competencia no marco do comercio exterior

Comunicado de prensa do concelleir​o de Seguridade e Tráfico de Vigo

  

Vigo, 31 de xaneiro de 2012.

 

– O concelleiro de Tráfico, Carlos López Font, convocou para mañá mércores unha reunión coas dúas asociacións de autopatronos do taxi da cidade para analizar a proposta de redución de xornada diaria formulada pola Asociación de Autopatronos del Taxi de Pontevedra. Coñecida a situación que atravesa o sector do taxi, o Goberno municipal está disposto a analizar todas as iniciativas que poidan aliviar esta situación coa premisa, non obstante, de que ningunha destas alternativas supoña a redución de emprego. O obxectivo deste goberno local é mediar entre as dúas partes en conflit ocoa intención de buscar unha solución que non prexudique aos traballadores. 

 

Carlos López Font

Concelleiro de Seguridade e Tráfico

Praza do

 

 

PORRIÑO SE CONVIERTE EN CAPITAL DEL ATLETISMO

  La Interrunning Piñeiro 2012 by Powerade-Nike se convierte en el centro del Atletismo en Galicia el día 26 de Febrero de 2012, la prueba organizada por Intersport Piñeiro y el Concello de Porriño alcanza su máximo nivel de prestigio considerándose “posiblemente el 10km más rápido de Galicia”.Las inscripciones ya están abiertas y completadas más de la cuarta parte de la participación, ya que éste año la prueba está limitada a 2000 atletas.Las inscripciónes se podrán realizar hasta el 21 de febrero o en el momento que se llegue al limite de participantes, cerrándose definitivamente toda la posibilidad de inscripción. Los medios de inscribirse son de manera presencial en las tiendas Intersport Piñeiro o en la web www.championchipnorte.com.

La sexta edición de la Interrunning Piñeiro se celebra integramente en el casco urbano de Porriño, la prueba está abierta a todos los atletas que se consideren físicamente aptos para recorrer las distancias marcadas por la organizacion y según la categoría . La prueba absoluta consta de 10km en un circuito urbano muy rápido al que tienen que dar 3 vueltas. Toda la informacion de la prueba esta expuesta en www.concellodoporrino.net y en www.interrunning.com .

Este año las inscripciones de las categorias de niños tienen un coste de 1kg de comida no perecedera que tendrán que entregar en el momento de la recogida de dorsal, ésta campaña “corre para ayudar” es promovida por la organización conjuntamente con SOS Porriño (banco de alimentos) ,asociación a la que va destinado todo el alimento recaudado. La colaboracion no acaba aquí , ya que el 26 de febrero a las 18.30 de la tarde se celebra la Fiesta del Atleta en el disco pub Tubulart de Porriño con la intención de seguir recaudando fondos para SOS Porriño. Pepo Suevos (monologuista y actor de la tvg) , el Mago Fran y el Dj Marcos Xquatro amenizarán la fiesta en Porriño.

CICLO DE TALLERES PARA FAVORECER A INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS

Favorecer a internacionalización das empresas galegas é o obxectivo que busca o ciclo de Talleres Internacionalización Igape-Universidade-Empresa, impulsado polo Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria como unha extensión das actividades organizadas arredor do Máster de Comercio Internacional que se está a desenvolver na Universidade de Vigo, no marco dun convenio entre o Igape e a Universidade. Este ciclo de talleres de internacionalización está aberto a profesionais de empresas galegas interesadas na internacionalización. Os talleres desenvolvéronse, durante a súa primeira fase, o pasado mes de decembro, e comezan agora nunha segunda fase que se desenvolve durante os meses de febreiro e marzo.  www.igape.es