PORTOS DE GALICIA TRABALLA NUN DISPOSITIVO GLOBAL DEVIDEOVIXILANCIA CUN ORZAMENTO DE MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS

  • O ente público está a tramitar un concurso para a posta en funcionamento de cámaras de seguridade en diferentes peiraos das tres provincias

Santiago, 1 de febreiro de 2012.-  Portos de Galicia traballa na implantación xeralizada dun sistema de seguridade a través de videovixilancia nos peiraos galegos, que permitirá o control das instalacións mediante cámaras. O ente público leva meses elaborando este dispositivo, considerado como actuación de carácter prioritario. O ámbito de cobertura do plan determínase de xeito progresivo en diferentes fases e abarca portos das tres provincias costeiras con arreglo ás súas características, magnitudes de actividade e necesidades. O investimento requerido para dar servizo a todos eles supera o medio millón de euros, que achega Portos de Galicia. Xunto co investimento, o organismo que preside José Juan Durán, está a tramitar o concurso público para a definición do sistema de control centralizado das videocámaras. A responsabilidade do control das grabacións asúmea o organismo portuario dado que é a Administración pública a que ten competencia neste sentido en non outros colectivos do sector. Así mesmo, téñense tramitado todos os permisos necesarios en virtude da normativa de protección de datos.

Na planificación da instalación dos equipos deuse prioridade aos oito portos comerciais de titularidade autonómica: Ribadeo, Burela, Celeiro, Cariño, Laxe, Cee, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. Non en ván estes peiraos enmárcanse dentro dun réxime especial de seguridade derivado da aplicación do dispositivo internacional de Protección de buques e instalacións portuarias (PBIP), creado a raíz dos atentados terroristas do 11 de setembro.

Coa instalación dun dispositivo de videovixilancia ao longo de todo o litoral, Portos de Galicia reforza a tarefa de control que desempeña nos 122 portos da Xunta. Neste sentido, cómpre lembrar que o ente público é o responsable de manter as condicións de seguridade axeitadas para minimizar o risco de accidentes, pero non ten, sen embargo, obriga legal de manter un servizo de vixilancia 24 horas por terra e mar para evitar incidencias intencionadas. De feito, Portos de Galicia non factura aos seus usuarios ningunha tarifa por este concepto. Pese a todo, dende a Administración autonómica establécese a importancia de achegar as medidas necesarias para incrementar en todo o posible o control das infraestruturas e equipamentos portuairos, así como a flota e os aparellos dos usuarios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: