A DEPUTACIÓN IMPLANTA UN PROXECTO EDUCATIVO PILOTO NO CEIP PARAIXAL DE VIGO QUE FOMENTARÁ A CULTURA EMPRENDEDORA E O COOPERATIVISMO ENTRE OS ESCOLARES

A Deputación Provincial de Pontevedra implantará de xeito experimental un programa educativo en sete colexios da provincia de Pontevedra co obxecto de difundir entre os mozos a cultura emprendedora. En Vigo participará na primeira edición desta iniciativa o CEIP Paraixal.

A iniciativa denominada «Emprender en mi escuela-EME Cooperanova» ten por obxecto dotar ós docentes dos centros de educación primaria participantes das ferramentas precisas para contribuír á creación de cooperativas escolares, que mediante os principios de traballo en equipo, elaboren e comercialicen produtos para obter beneficios. Este proxecto está impulsado polo Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios da Deputación de Pontevedra.

Así, EME Cooperanova ten como principal obxectivo inculcar entre os estudantes de Educación Primaria ( 8 a 11 anos) os principios da cultura emprendedora a través da xestión real dunha cooperativa xuvenil que recade fondos mediante a venda de produtos. Algunhas das materias nas que con este programa se van a traballar son a capacidade de asumir riscos; a creatividade e innovación; a capacidade competitiva; o espírito de superación, a capacidade de dirección, etc.

A Deputación espera dar a coñecer os valores de EME Cooperanova entre máis de 50.000 alumnas/os de Educación Primaria residentes nos 62 municipios da provincia de Pontevedra; desenvolver actitudes e habilidades emprendedoras entre polo menos  300 rapaces; a creación como mínimo de 10 asociacións que mediante os principios do traballo cooperativo, elaboren e comercialicen produtos (os beneficios serán repartidos entre os membros da asociación).

E, finalmente, a posta en marcha de 10 eventos de comercialización dos produtos elaborados polas asociacións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: