O PP DE SALCEDA DE CASELAS INSTA AO BIPARTITO LOCAL A QUE CUMPRA COA ORDENANZA MUNICIPAL DE ORNAMENTO PÚBLICO E ATENDA Á LIMPEZA DAS DIFERENTE RÚAS

  • O deficiente servizo de limpeza está a provocar que se acumulen excrementos e demais porcallada nas rúas, parques e zonas de ocio infantil, así como a pegada incontrolada de carteis en calquera lugar e mobiliario urbano

Salceda de Caselas, 6 de febreiro de 2012.- O Partido Popular de Salceda de Caselas non deixa de asombrarse cada día cos incumprimentos do Bipartito local e “é que todo o que se aproba e acorda nunca se leva a cabo”, sinala Santiago Rodríguez Davila, portavoz e presidente dos populares salcedenses. É este o caso da Ordenanza Municipal de Ornamento Público na que se recolle que os carteis deben ser expostos só naqueles lugares habilitados especificamente para elo “e non en calquera parede ou mobiliario urbano como se pode observar a día de hoxe”, puntualiza Rodríguez Davila á vez que insta aos gobernantes municipais “a velar por que se apliquen e cumpran as normativas existentes”.

Un incumprimento este que supón unha imaxe de deterioro e sucidade ao non ser retirados ditos carteis ao igual que tampouco estanse a limpar as diferentes rúas do centro urbano, atopándose cheas de excrementos de animais e grandes manchas. “Atopámonos ante unha total deixadez do Goberno local polo que respecta ao servizo de limpeza que, ao igual que o do lixo, está a ser cada vez máis deficiente, provocando que se acumule moita porcallada nas rúas, parques e zonas de ocio infantil”, conclúe Rodríguez Davila.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: