A XUNTA FARÁ CAUSA COMÚN COA AUTORIDADE PORTUARIA PARA QUE O PORTO DE VIGO SEXA INCLUÍDO COMO NODAL NA REDE EUROPEA

O Goberno galego, que xa presentou unha alegación a través da Comisión do Arco Atlántico, salienta o compromiso da ministra de Fomento para liderar ante Europa esta petición

  • Agustín Hernández e Ignacio López-Chaves reuníronse para abordar esta cuestión e buscar estratexias conxuntas en defensa dos intereses de Vigo
  • O porto de Vigo é o primeiro porto do mundo en tráfico de pesca capturada para consumo humano. Este tráfico, na media dos anos 2006, 2007 e 2008, supuxo un 2,57% do tráfico da pesca capturada nos portos da Unión Europea
  • A infraestrutura viguesa é cabeceira dunha autoestrada do mar que a conectará con Alxeciras (para tráficos con África), Nantes / St. Nazaire e lle Havre (tráficos co Norte de Europa). Esta autoestrada do mar está xa adxudicada e a súa posta en servizo é inminente
  • Santiago, 7 de febreiro de 2012.-  A Xunta de Galicia fará causa común coa Autoridade Portuaria de Vigo para intentar que se revise a proposta da Rede Transeuropea de Transportes (TEN-T) elaborada pola Comisión Europea co obxectivo de que se inclúa na mesma o porto de Vigo como infraestrutura nodal. Así o manifestou hoxe o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, que mantivo unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria, Ignacio López-Chaves para abordar esta cuestión. Hernández sinalou que debe establecerse unha estratexia para solicitar que a Comisión modifique a súa proposta de Rede o que, á súa vez, esixe contar con aliados que axuden á Xunta e a Autoridade Portuaria a facer chegar a súa voz e influír nesta cuestión. Aludiu en primeiro lugar ao Goberno de España e ao Ministerio de Fomento, salientando que “contamos co compromiso da ministra para liderar ante Europa a petición de que o porto de Vigo sexa incorporado á rede básica”. Por outra banda, o Goberno galego está traballar no seo do Grupo de Transportes da Comisión do Arco Atlántico para  defender esta mesma reclamación. Dito grupo está a ultimar un documento sobre a revisión da rede TEN-T que conterá, debidamente argumentadas, as propostas das rexións que compoñen o Arco Atlántico. O obxectivo deste documento é que serva de ferramenta de presión para modificar a proposta da Comisión Europea. Deste xeito, o Goberno autonómico trasladoulle a súa alegación á Comisión do Arco Atlántico para que este organismo a formalice, atendendo ás seguintes razóns:
  • O Porto de Vigo é o primeiro porto do mundo en tráfico de pesca capturada para consumo humano. Este tráfico, na media dos anos 2006, 2007 e 2008, supuxo un 2,57% do tráfico da pesca capturada nos portos da U.E.

Na súa alegación o Executivo autonómico basea a grande importancia que a Unión Europea concede a este tráfico no feito de que a UE deseñou unha política pesqueira común, ten un Comisario de pesca, unhas estatísticas específicas da pesca capturada e ten unha Axencia Europea da Pesca, cuxa sede non dubidou en situar en Vigo, feito que indica a gran superioridade do tráfico portuario de pesca capturada sobre calquera outro tipo de tráfico que, en ningún caso require deste tipo de organización administrativa.

  •  O Porto de Vigo é cabeceira dunha autoestrada do mar que o conectará con Alxeciras (para tráficos con África), Nantes / St. Nazaire e lle Havre (tráficos co Norte de Europa). Esta autoestrada do mar está xa adxudicada e a súa posta en servizo é inminente.
  • O Porto de Vigo posúe unha das terminais ro-ro (tráfico rodado) máis importantes do Arco Atlántico, con 5 ramplas ro-ro, 500.000 m2 de superficie e máis dun millón de toneladas de tráfico.
  • O Porto de Vigo posúe tamén unha terminal lo-lo (mediante equipos de elevación) de colectores, que constitúe a segunda máis importante do Arco Atlántico español. Estes medios e actividades resultan complementarias cos que presentan outros portos integrados na rede básica proposta pola Comisión Europea.

 Antecedentes

Logo de coñecer polo miúdo o documento europeo do Rede Transeuropea de Transportes, feito público o 19 de outubro pola Comisión Europea, a Consellería de Medio Ambiente trasladou ao anterior Ministerio de Fomento as discrepancias detectadas coa planificación ferroviaria de Galicia, as súas redes loxísticas e a categoría dos portos galegos. Na misiva, destacábase que chamaba poderosamente a atención a inclusión na rede básica europea do porto da Coruña e non o de Vigo, ao tempo que a infraestrutura viguesa non queda integrada no Corredor Atlántico mediante unha liña que pertenza á rede básica.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: