Noticias Ayuntamiento de Vigo 06-02-12


O goberno presenta uns orzamentos “austeros e realistas” cun incremento do 8% en gasto social e emprego

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este martes que o borrador do orzamentos municipais para 2012, entregado hoxe aos grupos políticos, ascende a 220,3 millóns de euros, un 2,07% menos que o de 2011 pola caída de ingresos. Segundo explicou o primeiro edil, as contas aumentan os recursos adicados a emprego, políticas sociais, instalacións deportivas e transporte público, ao tempo que caen o gasto en órganos de goberno e diminúe a débeda do Concello.

 


O alcalde ofrece á Xunta cooperar na adquisición dos terreos para a Cidade da Xustiza

Abel Caballero trasladou este martes a proposta municipal aos decanos dos colexios de Procuradores e Avogados e ao Xuiz Decano de Vigo, unha alternativa que podería materializarse de inmediato e polo que o Concello cedería os terreos de titularidade pública -valorados en 1,2 millóns- e a Xunta de Galicia adquiriría o privado, recuperando posteriormente o investimento cando os promotores desenvolvan o ámbito urbanístico.

 

Caballero felicita á ministra de Fomento por comprometerse co AVE a Vigo por Cerdedo e coa estación de Tom Mayne

Caballero felicitou hoxe á ministra de Fomento, Ana Pastor, por ratificar o seu compromiso coa chegada do AVE por Cerdedo e coa construción da estación do tren de alta velocidade deseñada polo arquitecto Tom Mayne. Durante unha comparecencia cos medios de comunicación, o alcalde indicou que “teño que recoñecer que a ministra fixo unha grande achega a esta cidade”, referíndose ás declaracións que a titular de Fomento fixo o venres día 3 cando presidiu o acto de entrada da segunda tuneladora na cidade.

 


30 alumnos de institutos da cidade participan no I Club de Debate

O Verbum acolleu o mércores día 8 ás 17 horas, a primeira edición do Club de Debate que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración cos equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do municipio. Esta actividade busca dinamizar o uso da lingua galega mediante o traballo da fluidez comunicativa e o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade.

 


Espectáculo de contos e cancións “Amour, humour et poésie” de la Compagnie de l’Herbe d’or

O Auditorio Municipal acolle o espectáculo de contos e cancións “Amour, humour et poésie” de la Compagnie de l’Herbe d’or” organizado pola Alianza Francesa de Vigo, o mércores 8 de febreiro ás 20.30 horas.Trátase dunha conferencia que lles revelará todo o que sempre quixeron saber sobre o amor, o encontro, a vida en parella, a separación e o soño…

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: