RAFAEL LOUZÁN E ABRAHAM OLANO ANALIZAN O PERCORRIDO DA VOLTA NA PROVINCIA

  O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, analiza con Abrahan Olano e Paco Giner, directores técnicos da Volta Ciclista a España 2012, o percorrido deste evento deportivo pola provincia de Pontevedra.

Louzán salientou, en resposta a preguntas dos xornalistas durante a visita ás obras da Pousada da Lanzada, que nunha xuntanza que se celebrará esta tarde tratarán de pechar o percorrido, incluíndo no trazado o paso polo concello de O Grove, dado o interese amosado polo alcalde e os veciños desta localidade.

“Queremos que O Grove sexa un punto de paso con remate en Sanxenxo”, salientou o presidente da Administración Provincial, que recoñeceu que non estaba previsto este percorrido e que ten certa dificultade, pero que o obxectivo é que a Volta pase por este concello para dar “a mellor imaxe” da vila.

O paso da Volta polo Grove enmarcaríase na 10ª etapa, comprendida entre Ponteareas e Sanxenxo e que ten previsto pasar polos concellos de Ponteareas, O Porriño, Vigo, Nigrán, Redondela, Cangas, Moaña, Marín e Poio, para rematar en Sanxenxo.

OPORTUNIDADE HISTÓRICA

Rafael Louzán salientou que estamos “ante a mellor oportunidade de promoción histórica que as Rías Baixas nunca tivo ante”, polo que os esforzos realizados en todos estes meses merecen a pena.

Así, asegurou que é unha proba de primeiro nivel, na que levan meses traballando para conseguir que veña a Pontevedra, porque “non foi cuestión fácil que desde Barcelona se desprace a Volta Ciclista a Galicia”.

Esta proba pasará por 35 concellos da provincia “que teremos a oportunidade de ensinalos ao mundo” á través da emisión de máis de 180 cadeas de televisión de todo o mundo.

REPERCUSIÓN ECONÓMICA

Máis alá da promoción turística que a Volta suporá para a provincia de Pontevedra, o evento en si terá unha notable repercusión económica polo movemento que vai xerar en todos e cada un dos concellos polos que pasa, así como polas máis de 1.500 prazas hoteleiras que a caravana da Volta ten previsto ocupar durante 4 noites en hoteis da provincia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: