A XUNTA ACLARA AOS PAIS E NAIS DO CPI CELSO EMILIO FERREIRO QUE O TRASLADO DOS ALUMNOS E ALUMNAS AO IES ALVARO CUNQUEIRO RESPONDE A CRITERIOS DE ORDENACIÓN E CRECEMENTO

  • 08022012_DeclasCiudadJusticia Declaraciones Ciudad de la Justicia.
  •   A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá un encontro con representantes da Anpa Moraima do centro educativo.
  •  

  • Bravo Bosch insistiu en que o informe da Inspección Educativa considera viable o traslado ademais de explicar que a medida supón un aproveitamento das actuais instalacións educativas.
  •  Vigo, 08 de febreiro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, reuniuse esta mañá xunto ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e membros da Inspección Educativa e da Unidade Técnica da Consellería de Cultura e Educación con representantes da Anpa Moraima, do CPI Celso Emilio Ferreiro..-O encontro serviu para aclarar aos pais e nais que o traslado dos alumnos e alumnas de Secundaria do CPI Celso Emilio Ferreiro ao IES Álvaro Cunqueiro é viable, tal e coma confirma o informe elaborado pola Inspección Educativa da delegación de Vigo. O obxectivo, coma recordou a delegada da Xunta en declaracións aos medios de comunicación, non é outro que atender nun futuro a demanda de alumnos e alumnas da zona, tanto para os estudios de Primaria coma para os de Secundaria na busca da mellora da calidade educativa, así como no estudo de ofertas de prazas par aos vindeiros cursos .-Bravo Bosch explicou que a medida responde a criterios de ordenación e crecemento do centro educativo e busca lograr un “aproveitamento” das actuais instalacións educativas, toda vez que, coma se desprende do informe da Inspección Educativa, o Celso Emilio Ferreiro se atopa saturado tanto en Primaria coma en Secundaria. É máis, a día de hoxe, a situación de saturación do centro é tal que os desdobres feitos en Primaria tivéronse que realizar en espazos non adecuados.-Grazas a esta decisión, o Celso Emilio Ferreiro converteríase nun centro de Educación Primaria no que quedarían espazos máis que suficientes para atender a demanda dos futuros alumnos e alumnas e da súa zona de influencia. Así estará garantida a Educación Secundaria no entorno, xa que ambos centros están un ao carón do outro, e tamén o comedor –unha das principais preocupacións dos pais e nais-, xa que se utilizaría o do Celso Emilio Ferreiro para ambos grupos educativos. Ademais, hai que lembrar que o IES Álvaro Cunqueiro é un centro de liña 4 que, ata o momento, ten espazo suficiente para cubrir o actual alumnado de Secundaria do Celso Emilio Ferreiro e para asumir o alumnado futuro que solicite este instituto xa que quedaría adscrito a este centro.

    Ademais, e coma explicou a delegada da Xunta, estes cambios inclúense dentro da mellora de zonificación que está a facer a Consellería de Educación no Concello de Vigo que non se levara a cabo ata o de agora, engadindo que, neste caso, “debemos estudar as opcións de cara ao futuro, e non tomar solucións de hoxe para mañá”, dixo Bravo Bosch.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: