Algúns recortes en dereitos sociais

: “Algúns recortes en dereitos sociais”. Tedes toda a información neste enlace: http://odscoia.arkipelagos.net/content/recortes-dereitos-sociais

Levamos varias semanas preparando unha nova campaña e no proceso de elaboración da mesma fomos atopando novas que poñen de manifesto a enorme cantidade de recortes no terreo dos dereitos sociais. Aquí deixamos unha mostra do atopado que ordenamos por administracións para facilitar o seu seguimento:

 :: Na Xunta de Galiza

 – Foron eliminadas as Axudas de integración ao Menor no 2011. Segundo di a lei tratábse de axudas individuais de prevención e apoio á familia e atención ao menor, mediante o procedemento de concorrencia competitiva  A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico e profesional ás familias para garantirlles a atención adecuada aos seus fillos e favorecer que permanezan no seu medio, evitando os riscos de desestruturación familiar, así como facilitarlles ás unidades familiares a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación dos menores así como a capacidade de autoorganización do núcleo familiar.
– Lei de Dependencia: compañeiras informan que hai expedientes que levan meses parados por falta de cartos, malia estar aprobados. A maiores segundo lemos na prensa a “demora en el calendario de la Ley de Dependencia para 2012 afectará a unas 30.000 personas, suponen el 2,3% de los beneficiarios y el coste de su atención es un 0,6%. Las prestaciones para estas personas, las más baratas del sistema, alcanzarían unos 40 millones al año. El Gobierno concede 60 euros mensuales por cada uno de ellos y las comunidades, de forma global, suelen aportar algo más del doble de esa cifra (dependiendo de la prestación concedida).
– Incremento dun 20% das tarifas das garderías da Xunta. Esta subida afectara ás rendas superiores a 1200€, ao redor do 50% das familias.
– Eliminación ou recortes en programas de atención a colectivos en exclusión: peche do programa para nenxs e adolescentes “NA RÚA”, peche centro público de menores de Montealegre (Ourense), recortes en programas de atención a persoas con VIH como a casa do Comité Cidadán Antisida de Ourense.

– Parada durante o 2012 do programa de vivenda en aluguer protexida da Xunta. Podemos ler na prensa que el programa Aluga de la Xunta que gestiona una bolsa de viviendas destinadas al alquiler con subvenciones autonómicas, echa el cierre a la incorporación de nuevos pisos. Dende a Xunta argumentan que un dos motivos do peche é o elevado número de vivendas desocupadas do programa, o que choca coas dificultades de acceso a vivenda da maioría, co elevado número de desafiuzamentos, coa insuficiencia de oferta de vivenda protexida, co pago de hipotecas abusivas…
:: No Concello de Vigo
– Endurecemento dos requisitos de acceso ás axudas municipais, coas que as traballadoras sociais do concello tentar atallar problemas de vivenda, cubrir necesidades básicas… Con estes trocos, a idea é non conceder axudas de alimentos para perceptoras de prestacións mínimas como: RISGA, RAI, PNC, axuda familiar…
– Axuda no fogar parada, dende hai meses que non se conceden altas nun programa básico para persoas maiores ou dependentes. – Eliminación ou recortes en programas de prevención con menores de idade, con colectivos excluídos…Dende o Goberno central temos recortes no plan concertado a través do cal os municipios obteñen cartos para prestar servizos básicos en materia de acción social, eliminación do cheque-bebé de 2500€… e moitos máis pasados e futuros.
E non falando estritamente de recortes, se botamos unha ollada ao panorama de RISGA e AES atopamos:
– En momentos do ano pasado para dar alta en RISGA era necesario agardar por unha baixa.
– Endurecemento dos requisitos de acceso e maior celo nas renovacións
– Mantemento dos orzamentos malia o elevado número de solicitudes, para a Provincia de Pontevedra algo máis de 10 millóns de euros para RISGA.
– Deixan de concederse AES para troco de vivenda, argumentando que temos a (im)posibilidade de acollernos ás efectivas políticas de vivenda protexida.
Achegamos un anaco da realidade, que como sabemos convive coa acumulación de riqueza en mans dunha minoría e coas axudas millonarias a sectores como a banca, a automoción…

OFICINA DEREITOS SOCIAIS – COIA (ODS-Coia)
web: odscoia.arkipelagos.net | email: dereitossociais@gmail.com | tel: 696 618 732

Atendemos os luns de 17h00 a 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria en Coia (rúa Baiona 9)

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: