Noticias Ayuntamiento de vigo .08-02-12


O alcalde cifra en 500 os empregos creados co investimento público municipal de 2012

Abel Caballero explicou hoxe mércores que o investimento público incluído nos orzamentos municipais para 2012 -principalmente en humanización de rúas- significarán a creación de 500 postos de traballo, dos que alomenos un tercio procederá do desemprego. O goberno local incluíu unha cláusula pola que a creación de emprego suporá o 10% da puntuación para a adxudicación da obra pública do Concello.

 


Caballero avanza a necesidade de talar 30 árbores danados de Gran Vía

A Concellería de Parques e Xardíns verase obrigada a talar uns 30 árbores danados da rúa Gran Vía, segundo se desprende dunha revisión que está a realizar a empresa concesionaria para valorar o estado do arborado da zona. Nas verbas do rexedor, que esta mañá revisou estes traballos, das 280 unidades analizadas, 100 requiren tratamento, tal e como xa se fixo noutros sitios da cidade, como na Praza Compostela.

 


O Concello organizará os actos de celebración do centenario do Rápido de Bouzas

Tras unha reunión co equipo directivo do club, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que estudarán os proxectos presentados polo Rápido por mor do seu centenario, que terá lugar na próxima campaña 2012-2013. Caballero indicou que o Rápido de Bouzas é o vicedecano do fútbol galego e a súa será a unha “homenaxe a todo o fútbol de Bouzas e tamén ao vigués”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: