Noticias Ayuntamiento de Vigo 09-02-10


O alcalde indica que os recursos para políticas activas de emprego suben un 7,8% en 2012 e crearán 336 postos de traballo

Abel Caballero desglosou este xoves o capítulo de políticas activas de emprego incluído no borrador de orzamento municipal para 2012, unha partida que incrementa en case un 8% os recursos asignados pese á caída nun 2% dos ingresos do Concello. Os programas de inserción, de axudas á contratación e á creación de emprego xerarán 336 postos de traballo, aos que sumaranse os aproximadamente 500 derivados do investimento público.

 


O Concello acometerá dúas obras de infraestrutura no Comedor da Esperanza

Abel Caballero reiterou hoxe xoves a aposta do Goberno municipal por manter e incrementar as achegas a política social, anunciando que o Concello acometerá dúas obras “urxentes” no Comedor da Esperanza. Así llo trasladou ás reitoras deste centro social logo de que estas llo solicitaran ao longo dun encontro que tivo lugar esta mañá na Alcaldía.

 


Caballero inaugura “Presenza activa. Acción, obxecto e público”, a nova mostra interactiva do MARCO

O alcalde participou este xoves na rolda de prensa de inauguración de “Presenza activa. Acción, obxecto e público”, a nova mostra que acolle o Museo de Arte Contemporánea de Vigo desde hoxe ata o próximo 2 de setembro. As obras que comprenden esta exposición abordan dúas disciplinas artísticas, a acción e a instalación, que son espello unha da outra. Abel Caballero salientou a “calidade” das performance e a “imaxinación” dos artistas.

 


O Concello organiza un simulacro de incendios para calibrar os sistemas de seguridade do edificio municipal

Os traballadores do Concello participaron esta mañá de xoves nun simulacro de evacuación parcial do edificio para avaliar os sistemas de seguridade dispoñibles. O rexedor, quen indicou que esta é a primeira proba destas características que se organiza no Consistorio en 25 anos, engadiu que os técnicos valoran positivamente os tempos de actuación de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil.

 


O sábado remata o prazo de inscrición de Concursos do Entroido 2012

A Concellería de Cultura e Festas abre o prazo de inscricion para os concursos de coplas, comparsas e disfraces do Entroido 2012. As bases e as solicitudes atopanse na oficina de Información do Concello e o prazo de presentación será desde o 3 ata o 11 de febreiro, ambos inclusive, a excepción do Concurso de Disfraces cuxa inscrición se fará directamente na praza de Compostela o día 21 de febreiro, de 17,00 a 18,00 hora.

 


Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia

A Concellería de Igualdade promove o Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia á mulleres con fillos e fillas menores de 10 anos que non superen o límite de ingresos económicos da unidade familiar establecidos anualmente. O obxectivo principal do servizo é contribuír á armonización da vida laboral profesional e persoal das mulleres, en especial das mulleres vítimas da violencia.

 


Danza no Auditorio Municipal

O auditorio do Concello acolle o venres, día 10,o espectáculo “Alén de Coa”, escenificado pola compañía do bailarín Quique Peón. Unha obra na que a música e a danza tradicional son protagonistas.A actuación comezará ás 21 horas e ten un prezo de 7 euros.

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Xunta de Goberno Local

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: