A XUNTA PON EN MARCHA O PRIMEIRO DECÁLOGO DE DEREITOS DAS PERSOAS MAIORES DE GALICIA

  •   A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, presidiu hoxe unha xuntanza na que presentou o texto definitivo ás entidades e asociacións que tomaron parte na súa elaboración
  • Este documento está enmarcado no Plan galego de persoas maiores 2010-2013, que inclúe como o seu primeiro núcleo de acción a “promoción de valores e protección de dereitos”
  • Este decálogo difundirase a través da páxina web e nos centros sociocomunitarios, residencias, centros de día e asociacións de maiores

Santiago, 10 de febreiro de 2012.- A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha o primeiro decálogo de dereitos das persoas maiores de Galicia, que constituirá a base para o fomento da plena participación social deste colectivo e para promover esta etapa da vida como unha etapa positiva. A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, presentou hoxe este documento ante ás asociacións de maiores, universidades sénior, aulas da 3ª idade, e sindicatos que colaboraron na súa elaboración do mesmo de forma activa. A partir de agora, o decálogo difundirase a través da páxina web, e distribuirase nos centros sociocomunitarios, residencias, centros de día e asociacións de maiores. Este documento inscríbese na aposta deste Goberno por apoiar ás persoas maiores, que representan máis do 22 por cento da poboación de Galicia. Ademais, hai que ter en conta que esta iniciativa en concreto enmárcase dentro do Plan galego de persoas maiores 2010-2013, un documento específico e estratéxico co que se pretende atender ás necesidades deste colectivo, así como fomentar o seu papel activo na sociedade. De feito, este Plan dedica o seu primeiro núcleo de acción á “promoción de valores e protección de dereitos” e ao deseño de ferramentas e medidas de actuación neste sentido, como este decálogo. Os obxectivos xerais destas actuacións pasan por conseguir mellorar a imaxe social das persoas maiores, promovendo a superación dos estereotipos tradicionais; e garantir a difusión dos seus dereitos e da protección dos mesmos, máis tendo en conta que se trata dun colectivo vulnerable ás actuacións discriminatorias

ANEXO: Decálogo de persoas maiores

As persoas maiores teñen dereito a:

 

  1. O respecto da súa dignidade e intimidade, tanto se son autónomas coma se se atopan en situación de dependencia.
  2. Elixir libremente o seu modo de vida, a levar unha vida independente e a que se lles garanta a permanencia, sempre que sexa posible, no seu contorno habitual rural ou urbano.
  3. Decidir como queren dispoñer do seu tempo libre e a gozar cos seus seres queridos
  4. Dispoñer duns ingresos que lles garantan o seu benestar e a utilizar os servizos públicos para cubrir as súas necesidades sociais, de saúde e atención xeriátrica, de ser o caso.
  5. Decidir como, onde e por quen queren ser atendidas cando a súa autonomía e/ou capacidade estean limitadas, así como a recibir coidados paliativos, cando proceda.
  6. Un envellecemento activo, mediante a participación en programas formativos, de ocio e culturais, e ao acceso aos espazos e ás canles necesarias para que se produza unha convivencia interxeracional.
  7. Participar activamente na vida pública, social e política, tanto individualmente como a través de órganos colexiados, e a que se teñan en conta as súas opinións e a súa sabedoría.
  8. Ser executoras e receptoras de programas de voluntariado, mediante a achega da súa experiencia persoal e laboral e da súa capacidade para transmitir valores e coñecementos.
  9. Poñer en coñecemento dos poderes públicos as situacións nas que sintan que non están recibindo o trato adecuado e a que se interveña de xeito inmediato cando estea en perigo a súa atención ou a súa vida

10. Que se lle dea á sociedade unha imaxe positiva desta etapa da vida e a que se difunda a través dos medios de comunicación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: