Noticias Ayuntamiento de Vigo 10-02-12


O goberno local adxudica 72 novas bolsas de idiomas e ultima humanizacións por valor de 13 millóns de euros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local, que validou a adxudicación de 72 novas axudas estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, que mellorarán a súa capacitación no estranxeiro cos 100.000 euros que adica o Concello ao efecto. O Concello tamén aprobou os plans de seguridade e saúde previos á humanización de sete rúas, cun investimento próximo aos 13 millóns de euros e que iniciaránse en dúas semanas.

 


O Concello promocionará en España a marca “Mar de Vigo” coa imaxe da noite da cidade

“Unha noite de Vigo” é o lema co que o Concello promocionará “dun xeito diferente, con imaxes determinantes e expresivas” a marca Mar de Vigo por toda España. A primeira destas citas será o próximo día 22 en Madrid cando a sala Joy Eslava acolla unha noite con gastronomía e música de Vigo. Trátase, explicou o rexedor hoxe venres durante a rolda de presentación, de trasladar “por toda España o que Vigo é capaz de facer”.

 


Caballero anuncia o inicio da rehabilitación dunha “xoia arquitectónica” viguesa do século XIX

O alcalde de Vigo acudiu este venres á rúa Carral número 13, onde en “dous ou tres meses” darán comezo os traballos de rehabilitación dunha “xoia arquitectónica da cidade”, que data de finais do século dezanove. Explicou Abel Caballero que, durante os traballos de recuperación, respectarase tanto a fachada orixinal coma a estructura interior do inmoble. O goberno local inicia ademais a tramitación para axudar á rehabilitación de 32 inmobles no Casco Vello vigués.

 

Atopar emprego a través das redes sociais

A Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Emprego, convoca tres sesións a modo de obradoiros de busca de emprego coa web 2,0 e as redes sociais como referente, co fin de difundir o novo escenario do mercado laboral, facilitando ás persoas que buscan emprego unha maior e mellor adaptabilidade á nova realidade.

 

Pechadas ao tráfico as rúas Montiño e María Soa

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: