O BNG de Tui presenta no rexistro do concello unha moción para declarar o 24 de febriro dia de Rosalía de Castro.

 O      BNG de Tui desexa resaltar a figura de Rosalía de Castro como          a          escritora máis representativa da lingua e da literatura          galegas. A          súa obra, amplamente coñecida é un retrato do pobo galego, da          súa          lingua, da súa cultura e goza dunha total actualidade sendo          recoñecida Rosalía como unha das máis destacadas da literatura          universal de todos os tempos. O seu libro Cantares            Gallegos,          foi o primeiro escrito integramente no noso idioma e supuxo o          inicio          da restauración do seu uso escrito e o final de séculos de          silencio          e esquecemento. Por          todos estes motivos a difusión do coñecemento da súa obra é          necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as          xeracións          máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, sendo a          súa          palabra feita poesía ou prosa reflexiva un dos procedementos          máis          eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a          nosa          identidade cultural. Por          todo isto o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego          solicitou          no rexistro do 8 de febreiro de 2012 que o Pleno da          Corporación          Municipal adopte os seguintes acordos:

 Declarar                o 24 de febreiro Día de Rosalía no noso concello. Emprender                e apoiar a realización de actividades de promoción da                obra da nosa escritora que impliquen ao conxunto dos                veciños e veciñas do noso concello o 24 de febreiro,                data recollida oficialmente pola Consellaría de Cultura                da Xunta de Galiza no seu Calendario do Libro e da                Lectura. Realizar                unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar                destacado do concello na que o alumnado dos centros                escolares, veciños, veciñas e persoas destacadas pola                súa actividade cultural teñan o papel protagonista.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: