A Federación Veciñal reclama ao goberno municipal a reapertura inmediata e mantemento do Arquivo Pacheco, do CAT e do Museo Liste.
O movemento veciñal oponse ao “desmantelamento cultural” que “deshumaniza” a cidade .-.A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” amosou a súa oposición á política de “desmantelamento cultural” da cidade que segundo afirman está a levar a termo o goberno municipal. Nese senso reclaman a reapertura inmediata do Arquivo Pacheco, do Centro de Artesanía Tradicional e do Museo Etnográfico Liste, ao tempo que demandan compromisos efectivos que garantan a súa viabilidade e mantemento no futuro. Para a FAVEC é un “descomunal despropósito” que ás estruturais deficiencias e carencias no ámbito das políticas culturais se sume agora o sucesivo e continuado peche de instalacións de “enorme valor divulgador para o acervo cultural de Vigo e de Galiza”. Desde o movemento veciñal entenden que é necesario un xiro de 180º na política cultural da cidade. “Vigo precisa dunha política cultural integral, expansiva e transversal, que se desenvolva en rede nos barrios e parroquias co obxecto de aproximar todas as manifestacións culturais á veciñanza” sosteñen. Nese senso lamentan que á falla dunha rede de bibliotecas municipais, á necesaria redimensión dos programas en funcionamento ou ao cativo aproveitamento de infraestruturas -coma os centros socioculturais dos barrios- se sume agora o desartellamento dalgunhas dotacións culturais que estaban en funcionamento. “Humanizar a cidade non é só arranxala e poñela fisicamente bonita, senón sobre todo enchela de contidos, entre outros os culturais” afirman.
URXEN AO GOBERNO MUNICIPAL A RESOLVER O CONFLITO NO IMD
Por outra banda a dirección da Federación Veciñal urxe ao goberno municipal a que tome as decisións necesarias para resolver, mediante o diálogo, canto antes o conflito laboral existente no Instituto Municipal dos Deportes, para que este non siga a penalizar ás usuarias e aos usuarios. A FAVEC así mesmo defende que se manteña a calidade do servizo das instalacións deportivas municipais polo que se opón a calquera redución do persoal que as xestiona e mantén.
Discurso de la Comisaria Damanaki al personal de la Agencia Europea de Control de la Pesca
link del discurso (en inglés) de la Comisaria de Pesca y Asuntos Marítimos, Maria Damanaki, dirigido al personal de la Agencia Europea de Control de la Pesca.
http://ec.europa.eu/commission_2010-2014/damanaki/headlines/speeches/2012/02/20120213_speech_en.htm
O MARTES 14 DE FEBREIRO, ENTREGA DO V Concurso de reciclaxe.
Nesta quinta edición do concurso participaron un total de 38 colexios da provincia de Pontevedra.
. «Reciclando en Familia», organizado pola empresa de servizos educativos e
Vigo, 13 de febreiro de 2012
culturais Imaxina. Os traballos realizados amosaranse nunha exposición no café dende o luns 13 ao xoves 16, ademais da Casa da Xuventude, onde permanecerá durante todo o mes de febreiro. Esta é a quinta edición do concurso e na mesma participaron un total de 38 colexios de toda a provincia de Pontevedra e en total cóntase con máis de 110 obras participantes, predominando entre elas a cor, imaxinación e a creatividade. Presentáronse rapaces dende os 3 anos aos 11 que demostran unha grande imaxinación e axilidade plástica. Mañá celebrarase en Detrás do Marco o acto de entrega dos premios, e todos aqueles que se acheguen ata o local poderán contemplar o traballo dos premiados e de moitos dos participantes. O primeiro premio é para “unha moto espectacular”, o segundo posto para “unha cantante-presentadora moi especial” e o terceiro para un “polbo papeleira”Os premiados
1º PREMIO :DAVID BASTOS
Colexio:CEIP de Petelos
Actividade a que acude: Informática
2º PREMIO :
JASMINA CASTRO , UXÍA CAMIÑA E SARAY MISA
Colexio:CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén
3º PREMIO :
MARTIN PIÑEIRO BARRAL
Colexio:CPR Apóstol Santiago
O martes 14 de febreiro, a partir das 19:00 horas, celebrarase en Detrás do Marco a entrega de premios do V concurso
Noticias Ayuntamiento de Vigo 13-02-12
Vigo homenaxea á figura «valente, precursora e transformadora» de Concepción Arenal |
Normalización Lingüística organiza un curso de formación de especialistas en recollida de toponimia |
«A ollada dun monxe budista» nova exposición na Casa da Xuventude |
II Ciclo «Muller e Ciencia» |
Atopar emprego a través das redes sociais |
ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA PROXECTOS INNOVADORES NO SECTOR DA ELECTROMOLIBILIDADE
A Consellería de Economía e Industria apoia os investimentos tecnolóxicos e a apertura cara a outros mercados de Little Electric Car
§ O conselleiro apuntou que a Xunta mantén unha estratexia a prol do coche eléctrico que pasa por promover a coordinación dos sectores interesados, a I+D+i e a eliminación de barreiras de implantación
§ Coas estacións demostrativas de electromobilidade do Plan Mobega, as sete cidades galegas teñen ao seu dispor unha frota de 28 coches eléctricos, con puntos de recarga rápidos deseñados con investigación, desenvolvemento e fabricación 100% galega
§ Co Plan de Vehículos Eficientes do Inega, até agora, máis de 1.000 vehículos eficientes circulan polas estradas galegas
MUESTRA JOYAS SOBRE EL AMOR REALIZADAS POR JÓVENES CREADORES
Más de una veintena de alumnos de joyería han desarrollado originales piezas en la Escuela Técnica del Atlántico
Vigo, 13 de febrero de 2012.- Un total de 24 alumnos de la Escuela Técnica de Joyería del Atlántico muestran estos días en el centro los trabajos que han realizado con motivo del Día de San Valentín, y en los que ofrecen visiones originales y muy particulares del amor y de las relaciones de pareja. Leer más…
A XUNTA INICIA AS CHARLAS DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS IMPARTIDAS POR INTERNOS DA CÁRCERE DA LAMA NO IES VAL MIÑOR
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá na primeira das sesións, que terán continuidade nos vindeiros meses noutros centros da provincia.
- Dous internos do Módulo Terapéutico da cárcere da Lama son os encargados de ofrecer as charlas aos alumnos e alumnas dos institutos de Secundaria.
- As conferencias se poñen en marcha tralo acordo entre o Centro Penitenciario da Lama e o departamento territorial da Consellería de Cultura e Educación. Leer más…
MÁIS DE 30.000 GALEGOS E GALEGAS RECIBIRON FORMACIÓN CERTIFICADA NO QUE VAI DE LEXISLATURA
- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, entregou hoxe en Vigo os diplomas aos máis de 200 participantes dos cursos impartidos por FORMEGA, que obterán un certificado de profesionalidade con validez estatal
- A Consellería destinará máis de 55 millóns de euros a actividades de formación para o emprego en 2012, un 3% máis que o pasado ano, para desenvolver máis de 1.100 accións formativas que beneficiarán a 23.000 alumnos
- A titular de Traballo apuntou que entre os acordos do diálogo social hai varios que se dirixen especialmente ao sector naval Leer más…
Credit Suisse: Economía del Perú crecería 5% este año
Francisco Pantigoso – Abogado internacional
El banco de inversión Credit Suisse estimó que la economía peruana crecerá 5% este año, luego de expandirse 6.9% en el 2011.
La economista del Departamento de Investigación para América Latina del Credit Suisse, Carola Sandy, señaló que los indicadores recientes muestran cierta desaceleración en el crecimiento y apoyan la proyección de una expansión de 5% en el 2012.
“El crecimiento fue de 5% en noviembre, confirmando que el ritmo de expansión de la actividad económica y, en particular, de la demanda interna, se desaceleró en el cuarto trimestre del año pasado”, comentó.