COMUNICADO CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Santiago, 14 de febreiro de 2012.- Ante as acusacións vertidas hoxe polo BNG contra a Consellería de Economía e Industria con respecto aos áridos importados de Holanda, a consellería acusa ao BNG de falsidade e cualifica como gravísimas e calumniosas as súas declaracións, querendo aclarar que:

  1. Todas as actuacións administrativas da Consellería de Economía e Industria se axustan á legalidade co máximo respecto ao exercicio das súas competencias.
  2. 2.     As dúas denuncias presentadas pola Asociación Galega de Áridos foron arquivadas; procedéndose incluso á desestimación do seu recurso de alzada, quedando claro que nunca se vulnerou  a normativa en materia de industria e verificándose que os áridos cumprían os requisitos esixidos polo marcado CE.
  3. 3.     Xunto cos informes de Euroconsult SA e da USC, nos que se confirma que o produto cumpre as especificacións declaradas polo fabricante, requiriuse un terceiro informe de Novotec Consultores SA, no que se analizou toda a documentación relativa ao marcado CE do produto e concluíndo que:

 “En resumen, se considera que la documentación relativa al Marcado CE del producto aportada por el fabricante es suficiente, adecuada y apta  para la comercialización del árido…”

  1. 4.     En canto ás ameazas do BNG de remisión aos Xulgados destes informes, a Consellería de Economía e Industria comunica que todos os expedientes, informes e resolucións relativos aos áridos importados de Holanda están xa en poder do Xulgado de instrución número 3 de Ferrol.
  2. A Consellería de Economía e Industria considera gravísimas as declaracións do BNG nas que establecía que o marcado CE non fora definido por un organismo específico; xa que os áridos  importados de Holanda contan có certificado de control de produción en fábrica do organismo notificado á Comisión  Europea; Eerland Certification BV (NB 1425).
  3. O BNG fai acusacións falsas e calumniosas ao conselleiro de Economía e Industria, que sempre dixo a verdade, defendendo que a Consellería exerceu as súas competencias con pleno respecto á legalidade, verificando que estes áridos tiñan marcado CE, polo que existe unha imposibilidade material de impedir o seu acceso ao mercado interior.
  4. Ademais, o conselleiro de Economía non participa na resolución destes expedientes, polo que non se entenden as referencias á responsabilidade penal do mesmo.
  5. E finalmente o BNG non respecta a xustiza, que nestes momentos ten causas abertas para clarificar este asunto.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: