MÁIS DE 550 PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL PARTICIPARON EN 2011 NOS 76 PROGRAMAS DE XUVENTUDE DE MATERIA AFECTIVO

  • O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, fixo hoxe balance das iniciativas da área autonómica neste ámbito con motivo da celebración do Día Europeo da Saúde Sexual  
  • Expuxo as novidades que se implantarán este ano, como a posibilidade de que os usuarios destas iniciativas dispoñan dun espazo de asesoramento individualizado
  • En 2012 ampliaranse as liñas de traballo para ofrecer talleres que aborden outras cuestións de interese para estes mozos e mozas, como a convivencia e a imaxe corporal

 Santiago, 14 de febreiro de 2012.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a través do servizo Quérote +, desenvolveu ao longo de 2011 un total de 76 programas en materia afectivo sexual dos que se beneficiaron máis de 550 persoas con diversidade funcional. O responsable da área autonómica, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe, Día Europeo da Saúde Sexual, un balance das actuacións levadas a cabo neste ámbito, xunto co presidente de Cogami, Anxo Queiruga, e o de Down Galicia, Delmiro Prieto.Rodeiro apuntou que a través destas iniciativas se está a ofertar un servizo que facilita a este colectivo unha resposta as súa dúbidas e inquedanzas. Explicou que no caso concreto de Cogami, a Dirección Xeral leva 3 anos consecutivos realizando o programa ‘Afectividade e Autocoñecemento’ en varios dos centros que esta entidade ten en Galicia. A través desta actuación, trabállase de forma grupal aspectos relacionados coa convivencia, a imaxe corporal, a sexualidade e a afectividade. Rodeiro apuntou que este ano incluirase dentro deste programa unha novidade para que os usuarios dispoñan dun espazo individualizado para que, unha vez realizadas as accións formativas, poidan resolver dúbidas ou curiosidades que non se desexan poñer en común no grupo. “Neste espazo de asesoramento garantirase, polo tanto, a confidencialidade”, incidiu o director xeral. Con respecto ás accións que se desenvolven nos centros de Down Galicia, Rodeiro resaltou que a partir deste ano comezarase a desenvolver o programa integral ‘Vivíndonos na Diversidade’, no que se traballará cos mozos e mozas, cos profesionais que os atenden e coas propias familias. Ademais, colaborarase cos equipos de Down Galicia para elaborar actividades o máis adaptadas aos grupos que xurdan. “Ademais está prevista unha publicación posterior destas actuacións para que poida ser de utilidade para futuros equipos profesionais”, subliñou. “No novo programa recóllense as demandas das propias entidades coa finalidade de facilitar aos equipos profesionais ferramentas para a abordaxe da información e o asesoramento en materia de afectividade e sexualidade”, apuntou. Así mesmo, Ovidio Rodeiro explicou que o servizo Quérote + tamén realiza accións neste ámbito con outras entidades como Feafes, Aspanemi, Aspromor, Aspronaga, Camp, Aspanaes ou a Federación de Asociacións de Xordos de Galicia. Neste senso, afirmou que o obxectivo para este ano é o de seguir a colaborar con todas estas entidades. “Ampliaremos as liñas de traballo para poder ofrecer programas e talleres que tamén aborden outras cuestións de interese para estes mozos e mozas, como a convivencia e a imaxe corporal”, asegurou. Por último, o director xeral afirmou que “o balance non pode ser máis que positivo, xa que cada ano son máis as entidades que queren contar co noso apoio para a implementación dun programa deste tipo” e concluíu reiterando que en 2012 seguirase a colaborar con todas aquelas entidades de persoas con diversidade funcional que o demanden para poñer o equipo técnico de Xuventude a súa disposición.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: