Noticias Ayuntamiento de Vigo 14-02-12


O alcalde recibe a “vontade absoluta” de Fomento de construir a estación do AVE de Mayne e a conexión directa con Madrid

Abel Caballero revelou este martes unha conversa mantida coa ministra de Fomento, Ana Pastor, na que transmitiulle ao alcalde a “vontade absoluta” do Goberno de España de continuar co proxecto do prestixioso arquitecto Thom Mayne para a nova estación de Urzáiz, así como para construir a conexión da Alta Velocidade directa con Madrid, a través de Cerdedo. Caballero amosouse “encantado” polos compromisos adquiridos nos “dous proxectos centrais ferroviarios de Vigo”.

 


Caballero traslada a súa “satisfacción” coa decisión de Pymar de aceptar a quita do 80% da débeda de Vulcano

“Vigo non se concibe sen naval e sen Vulcano” asegurou esta mañá o rexedor polo que valora con “absoluta satisfacción” a decisión de Pymar de aceptar a quita do 80% da débeda do concurso de acreedores que permitirá viabilizar un “dos estaleiros claves e neurálxicos da cidade”.

 


Vigo disfrutará dun programa do Entroido “excepcional” cun aforro do 45% respecto do ano pasado

Desde o venres 17 ata o mércores 22, Vigo disfrutará do Entroido, cun programa “excepcional” que, en verbas do alcalde, permitirá “facer máis e mellor con menos recursos”. De feito, a partida para estas festas é de 100.000 euros, ao redor dun 45% menos que o ano pasado pese ao que “serán unhas grandes festas con menor orzamento, tal e como corresponde a este ano, bautizado xa como o da austeridade”, matizou.

 


Caballero eloxia a “excepcional calidade” do colexio Rosalía de Castro nos seus 50 anos de traxectoria

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Raquel Díaz, visitaron este martes o centro Rosalía de Castro, que no pasado ano 2011 cumpríu 50 anos de traxectoria educativa na cidade. O primeiro edil subliñou este “feito importante na cidade”, tras o que salientou a pedagoxía e a calidade educativa impartida polos directores e docentes do colexio durante medio século.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: