A XUNTA RECORDA QUE O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DA GUARDA ESTÁ NO MESMO PUNTO QUE HAI DOUS ANOS

  • O conselleiro de Medio Ambiente sinala que o concello puido aforrar tempo de ter avanzado neste documento antes da reforma da Lei do Solo, xa que agora ten que adaptar o plan xeral a novos preceptos que son de obrigado cumprimento
  • Hernández lembra que de contar con Plan Xeral algunhas da vivendas afectadas por unha sentenza de derribo do Tribunal Superior de Xustiza non estarían nesa situación
  • Os trámites máis inmediatos para este plan son acadar a aprobación inicial polo pleno municipal; realizar a exposición pública do documento e, de forma simultánea, a solicitude de informes sectoriais
  • Hernández explicou que de oito concellos que contrataron os seus plans polas datas do da Guarda (na metade de 2004), todos eles contan coa aprobación definitiva (Arzúa en 2008, Laxe en 2009, Valga, Cualedro, Muros e Dodro en 2010; e Beade e Boborás en 2011).

 Santiago, 15 de febreiro de 2012.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou hoxe no Parlamento de Galicia que o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de A Guarda atópase pendente da súa aprobación inicial polo pleno municipal, é dicir, na mesma situación que hai 24 meses. Neste senso, instou aos responsables municipais a seguir avanzando nun proceso que se atopa no mesmo punto que hai dous anos. O conselleiro de Medio Ambiente fixo estas declaracións no Parlamento de Galicia, onde recordou que o Concello tomou a decisión de non aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal antes da aprobación da modificación da Lei do Solo en abril de 2010, aínda tendo constancia das implicacións urbanísticas de non aprobar inicialmente o plan xeral. De ter actuado noutro sentido, evitarían repetir o trámite ambiental e a solicitude de informe urbanístico de Medio Ambiente, o que suporía o reinicio de boa parte da redacción do documento. Hernández destacou que os representantes do Concello e o equipo redactor foron recibidos polos responsables da Consellería en varias ocasións con actitude de colaboración e coordinación, para que o plan xeral da Guarda avanzara na súa tramitación. En decembro de 2010 a Secretaría Xeral de Ordenación requírelle ao Concello que complete o expediente administrativo (o concello remite o documento para informe previo a aprobación inicial en novembro de 2010) no que se lle solicita: o documento de inicio e de referencia, o informe e memoria de sustentabilidade económica e o informe de sustentabilidade ambiental (ISA). Tres meses despois o Concello remite o expediente para o mesmo trámite pero novamente sen achegar a documentación requirida, información que si enviará en xuño de 2011. Polo tanto, o Concello enviou ata en catro en catro ocasións o expediente. A Consellería emitiu en agosto de 2011 (dentro do prazo establecido) o segundo informe previo á aprobación inicial do Plan Xeral. O concello da Guarda réxese na actualidade por un Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado o 29 de xullo de 1993. O 15 de xuño de 2004, 7 anos e medio despois, o Concello da Guarda contrata a redacción dun plan xeral. Despois de cinco anos, en abril de 2009, o concello remite o documento á Xunta para sometelo a informe previo á aprobación inicial, que foi emitido o 17 de decembro de 2009.

Legalización de vivendas

O conselleiro de Medio Ambiente destacou que ata en catro ocasións, a primeira en novembro de 2009, a Xunta trasladou as consecuencias que tería a aprobación do plan para a legalización das vivendas. Unha das conclusións ás que se chegou foi a posibilidade de delimitar como núcleo rural algunha das vivendas afectadas, co compromiso do concello de facer un estudo, así como a posibilidade de facelo a través do Plan Xeral. Hernández reiterou que ata o de agora nin se ten presentado ningún estudo ao respecto, nin se ten aprobado o plan xeral nin se ten proposto por parte do Concello a modificación puntual. Tal e como se lle trasladou ao Concello unha posible solución para estes casos pasaría por unha posible inexecución de sentenza por causa sobrevida do concello, para o que sería preciso aprobar o Plan Xeral en tramitación, presentar un proxecto de legalización coa nova clasificación do solo, a concesión de licenza por parte do concello e a solicitude ao tribunal Superior de Xustiza de Galicia da inexecución da sentenza. 

Destacou que, recentemente, o Concello iniciou a tramitación de catro modificacións puntuais para recoller estas vivendas dentro das delimitacións dos seus respectivos núcleos rurais, dándolle prioridade a esta tramitación por riba da do PXOM. Unha decisión que no mellor dos casos debería ser paralela á axilización do PXOM, que deste xeito terá que esperar, advertiu.

Cuestións pendentes

Hernández aclarou que o Concello da Guarda debe avanzar en varias cuestións para a aprobar o seu documento de ordenación municipal, como é o feito de acadar a aprobación inicial polo pleno municipal; realizar a exposición pública do documento e, de forma simultánea, a solicitude de informes sectoriais.

O terceiro dos pasos é a posible introdución de modificacións no documento como consecuencia de alegacións veciñais ou de resultas dos informes sectoriais das administración con competencias (Costas do Estado, Augas de Galicia, Infraestruturas, etc.) que son preceptivos e vinculantes; e por último a remisión do documento á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva.

Promedios

O conselleiro de Medio Ambiente destacou que o promedio de tramitación dun Plan de Ordenación, desde a súa contratación ata a aprobación definitiva, sitúase arredor dos 6 anos. A este respecto, de oito concellos que contrataron os seus plans polas datas do da Guarda (na metade de 2004), todos eles contan coa aprobación definitiva (Arzúa en 2008, Laxe en 2009, Valga, Cualedro, Muros e Dodro en 2010; e Beade e Boborás en 2011).

En relación cos concellos que aprobaron o seu Plan Xeral antes da entrada en vigor da modificación da Lei do Solo, só no mes transcorrido entre a aprobación polo Parlamento a entrada en vigor da Lei 2/2010:

–        9 concellos aprobaron inicialmente os seus Plan Xerais (Muras, Gomesende, Quintela de Leirado, Cervantes, Cadeira, Catoira, Oímbra, Frades e Vilamarín).

–        6 concellos o aprobaron provisionalmente (Boborás, Dodro, Teo, Arnoia, Beade e Marín).

–         3 concellos someteron os seus Plans a aprobación definitiva (Outes, Muros e Cenlle).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: