AULA DE COCIÑA NOVACAIXAG​ALICIA. CURSOS DE COCIÑA FEBREIRO-M​ARZO

A Aula de Cociña de Novacaixagalicia en Vigo presenta a partir do luns 27 de febreiro un completo programa de actividades que inclúe obradoiros de cociña, cata de viños e cata de cervexa adaptados a todos os niveis.-As propostas son diversas e están deseñadas para achegar a restauración non só ás persoas que xa teñen coñecementos e experiencia na cociña e na cata, se non a todos aqueles que senten curiosidade por mergullarse neste apaixonante mundo. O restaurador Rafael Centeno, que conta cunha estrela Michelín, abrirá este novo ciclo da Aula de Cociña o 27 de febreiro a partir das 17.00h cun curso demostrativo sobre ‘Cociña vexetariana e creativa’  no que desvelará os segredos de como preparar pratos saborosos pero tamén sans. E ese mesmo día a partir das 20.30h comezará o curso práctico de cociña de iniciación no que Juana Portela aportará as claves para conquistar os padais cun bo prato sen ter que ser un experto con moitas horas tras os fogóns. Unha proposta para perderlle o medo á cociña.
 O mércores 29 de febreiro outra Estrela Michelín, Xosé Torres Cannas, desvelará os segredos das conservas en “Cociñando con latas con Pepe Vieira”. Con el, os asistentes aprenderán a preparar conservas vexetais, de froitas, de peixe, de carnes… Cada sábado de marzo desde o día 3, os nenos de 10 a 14 anos terán tamén a súa propia aula de cociña na que, ademais de preparar os seus propios pratos, aprenderán hábitos e comportamentos alimenticios saudábeis.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: