A NOVA ORDE DOS PLANS DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS PERMITIRÁ AXILIZAR A CONCESIÓN DAS AXUDAS E A CONTRATACIÓN DOS GRUMIRES

  •   A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reuniuse hoxe co presidente da Federación galega de municipios e provincias (Fegamp), José Manuel Rey
  • Nesta primeira xuntanza institucional, a conselleira transmitiulle as principais novidades da orde dos plans de cooperación para este ano, entre as que destaca a tramitación electrónica de todo o proceso
  • §  Neste exercicio, manterase tamén a contratación anticipada dos integrantes dos GRUMIR que se financian a través desta orde
  • No eido social, Mato informou ao presidente da Fegamp de que o decreto de servizos sociais comunitarios será aprobado en canto o Consello Consultivo emita o informe
  • Destacou a adhesión de preto do 100 por cen dos concellos á plataforma dixital que permitirá financiar trimestralmente o SAF para persoas dependentes

 Santiago, 16 de febreiro de 2012.- A nova orde dos plans de cooperación cos concellos permitirá axilizar a contratación das persoas desempregadas a través da introdución de distintas novidades para facer máis efectiva a súa tramitación, entre as que destaca a tramitación electrónica do proceso de solicitude, que permitirá adiantar a concesión das axudas. Ademais esta orde establece a contratación anticipada dos membros non permanentes dos GRUMIRES que se financian a través desta convocatoria. Así llo trasladou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ao presidente da Federación galega de municipios e provincias (Fegamp), José Manuel Rey, no transcurso da primeira xuntanza institucional que mantiveron hoxe co fin de avaliar temas de interese, tanto para o departamento autonómico como para os concellos galegos. No que se refire á orde dos plans de cooperación –que será publicada proximamente no Diario Oficial de Galicia-, Mato lembrou que esta convocatoria permite cada ano que os concellos contraten traballadores e traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral. Outras das novidades que destacou a conselleira é que se introducirá, por primeira vez, a obriga de establecer unha vinculación directa entre este programa e o acceso a un emprego no mercado ordinario de traballo para os participantes. Isto quere dicir, segundo precisou a titular do departamento autonómico, que os concellos teñen que comprometerse a procurar a inserción laboral “dun tanto por cento razoable dos traballadores que contraten a través destes programas”. Esta porcentaxe delimitarase en función do número de contratacións que se subvencionen. Pola súa banda, o presidente da Fegamp valorou positivamente a posta en marcha dun sistema que permita axilizar as contratacións, tanto as referidas aos Grumires como para o resto de áreas de interese para os concellos.

Decreto de servizos sociais comunitarios

Xa no eido social, a conselleira adiantou que o decreto de servizos sociais comunitarios será aprobado, previsiblemente, no mes de marzo unha vez que sexa informado por parte do Consello consultivo que vén de pedir un mes de prórroga tras rematar o prazo o pasado 6 de febreiro para enviar o seu ditame. Segundo explicou a conselleira, esta norma poderá dar resposta a unha das demandas dos alcaldes que, tal e como indicou o presidente da Fegamp, precisan dunha maior celeridade na concesión das liñas de financiamento para os servizos sociais comunitarios (aqueles que prestan os concellos). Neste sentido, Mato lembrou que este texto permitirá adiantar parte dos pagamentos no primeiro cuadrimestre de cada ano, polo que os gobernos municipais terán maior liquidez. Aspecto, este, valorado por José Manuel Rey quen subliñou que esta é unha das principais inquedanzas dos rexedores locais en materia social. De aí que, co fin de aliviar a situación financeira dos concellos, a partir deste ano o financiamento do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) para persoas dependentes realizarase de xeito trimestral cando antes se realizaba a ano vencido. Para xestionar, tanto as horas deste programa, como o seu financiamento, habilitouse unha plataforma dixital á que xa están adheridas case o 100 por cen dos concellos galegos. Esta ferramenta permite, polo tanto, “unha xestión máis áxil e automatizada”. O decreto sentará, ademais, as bases para unha “axeitada coordinación operativa entre Administración autonómica, deputacións e concellos; e garantirá claridade, rapidez e liquidez para os concellos”. En resumo, rematou Mato, ambas actuacións permitirá levar a cabo unha xestión “máis áxil e eficaz” tanto nos programas que buscan a mellora da empregabilidade; como nas axudas na atención ás persoas con dependencia. Por último, o presidente da Fegamp demandou á conselleira maior liberdade para os concellos á hora de fixar as achegas dos usuarios en determinados servizos municipais co fin de garantir a viabilidade e sostibilidade do sistema.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: