Noticias Ayuntamiento de Vigo 16-02-12


Caballero ratifica que a relación de Vigo co Goberno central é “francamente boa”

O alcalde de Vigo téndelle a man ao Goberno central, tal e como lle trasladou esta mañá ao delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, para que as relacións co Goberno central segan “co momento de entendemento” que están a vivir nestes intres. Nunha comparecencia conxunta, Caballero constatou “que a relación do Goberno de España con esta cidade é fracamente boa”. O delegado do Goberno visitou esta mañá oficialmente o Concello de Vigo, saudou a toda a Corporación e repasou co rexedor os temas pendentes do Goberno central na cidade.

 


O alcalde revela unha resolución favorable do Tribunal Supremo sobre o Plan Xeral de Vigo

Segundo informou Caballero, o Tribunal Supremo desestimou un recurso de casación presentado contra unha resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, favorable ao PXOM vigués. Este xoves a Xerencia de Urbanismo deu conta desta e doutra resolución do TSXG ratificando a seguridade xurídica do Plan. O alcalde apuntou ademais que outra sentenza do Supremo avala a normativa municipal para a instalación de antenas de telefonía móbil.

 

O alcalde recibe con “satisfacción” a decisión de Fomento de incluír Vigo como porto nodal na proposta de rede transeuropea

O rexedor amosou esta mañá de xoves a súa “satisfacción” pola decisión do Ministerio de Fomento de incluír Vigo como porto nodal da proposta de rede transeuropea, seguindo a planificación do Goberno anterior. Trátase, indicou, dun bo paso “que nestes momentos permite a Goberno central, Xunta, Porto e Concello avanzar xuntos”.

 

Caballero pide á Xunta que inclúa as áreas industriais do PXOM vigués na ordenación autonómica

O alcalde desvelou hoxe xoves o informe municipal “absolutamente contrario” ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais da Xunta de Galicia, un texto que invade competencias locais, que altera o solo rústico e de protección forestal do Plan Xeral e que ubica os ámbitos industriais da área viguesa fóra do termo municipal de Vigo. Abel Caballero explicou que o PXOM reserva zonas de desenvolvemento empresarial e terciario que non están incluídas no texto autonómico, polo que reclamou reaxustar este á normativa urbanística local.

 


Vigo da a benvida ó Entroido

Desde o venres 17 ata o mércores 22, Vigo disfrutará do Entroido que organiza a Concellería de Cultura e Festas, coa colaboración da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais maila Federación de Peñas “El Olivo”. O venres 17, na Praza da Constitución , a partir das 19.00 horas haberá animación de rúa, lectura do pregón a cargo do vocalista de Siniestro Total, Julián Hernández, quen dará paso á entronización do rei e raiña do entroido e ao concurso de coplas.

 


Lulavai en concerto

Auditorio Municipal do Concello de Vigo programa para o venres 17, ás 21 horas o concerto do grupo Lulavai, unha das máis delicadas e intimistas formacións da música galega actual.

 


Unha… dúas… tres… que conto é o que ves? Exposición da Cristina F

A Fundación Laxeiro presenta a mostra Unha… dúas… tres… que conto é o que ves? é unha exposición participativa na que o público (infantil) irá intervindo de xeito que a montaxe irá mudando de aspecto, convertendo aos nenos e nenas que visiten a exposición en protagonistas.A exposición mostra os traballos de ilustración máis salientables da autora Cristina F,

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: