O PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA INCLÚE CATRO ACTUACIÓNS NO CONCELLO DE VIGO

  • O Plan Sectorial respecta e non anula nin invalida as actuacións incluídas no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, de recente aprobación

 Vigo, 16 de febreiro de 2012.- O obxectivo do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, que se atopa actualmente en tramitación, é planificar o futuro solo empresarial de carácter supramunicipal. Neste senso, e no referido ao caso da concello de Vigo, o Plan Sectorial recoñece e respecta as zonas de solo empresarial incluídas no vixente PXOM, sen interferir nas mesmas, a ademais inclúe outras catro actuacións, dúas correspondentes a Xestur Pontevedra e dúas cuxo promotor é a Zona Franca de Vigo As dúas actuacións de Xestur Pontevedra incluídas no Plan Sectorial son as de Ameal (compartido co concello de Redondela, onde se atopa parte do ámbito do mesmo) e o de Chan de Labrador, na zona do aeroporto. O Plan tamén inclúe as actuacións de Matamá-Valadares e o Parque Tecnolóxico de Valadares, que teñen á Zona Franca como promotor. Dende 1996 o Concello de Vigo ten asinado coa Zona Franca un convenio para o desenvolvemento do Parque Tecnolóxico de Valadares e dende 2002 ten outro convenio para o polígono de Matamá-Valadares, sen que ata o momento se teñan desenvolto estas actuacións. Por outra parte, o propio Alcalde de Vigo se contradí cando indica que a Xunta de esqueceu do seu concello e ao mesmo tempo asegura que o Plan Sectorial invade competencias municipais. Hai que salientar que o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia é un instrumento de planificación de futuras actuacións de solo empresarial en toda Galicia e non nun concello concreto, e que o tratamento da demanda e da futura oferta se realiza tendo en conta as áreas funcionais e comarcas definidas, unha das cales é a área funcional de Vigo, na que se inclúen parques empresarias en Pazos de Borbén, Gondomar e Vigo, todos eles a promover por Xestur e Zona Franca de Vigo. No caso da área funcional de Vigo, as necesidades de solo empresarial derivadas do Porto de Vigo, de interese xeral do Estado, trascenden ao propio concello e exténdense por toda a comarca e outras próximas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: