OS COLECTIVOS SOCIAIS DA COMARCA DE VIGO QUE TRABALLAN NA ATENCIÓN DIRECTA ÁS FAMILIAS NECESITADAS RECIBIRON NOS TRES ÚLTIMOS ANOS UNHA COLABORACIÓN PROVINCIAL DE 152.329 EUROS

Reparten alimentos e produtos de primeira necesidade a preto de 20.000 persoas

As entidades sociais da comarca  de Vigo que destinan a súa labor principal a atender ás familias con poucos recursos contaron nos últimos tres anos cunha colaboración da Deputación de 152.329 euros.

Así, por exemplo a través de convenios as asociacións Vida Digna, Afán de Axuda ó Necesitado de Vigo, Cáritas Tui-Vigo, Asociación Santo Tomé de Freijeiro recibiron diversas cantidades por un importe de 55.000 euros. Pola súa banda Cáritas Redondela e Cáritas Tui –Vigo recibiron 18.000 euros para a construción dun almacén no primeiro caso, e para a adquisición de un vehículo no segundo.

A Deputación Provincial de Pontevedra tamén colaborou con 11.000 euros a sufragar os gastos correntes da Asociación Afán de Vigo e na celebración de actividades para menores, neste caso organizadas por Cáritas Tui-Vigo. Outra das entidades sociais viguesa que contou coa colaboración da entidade provincial en diversas anualidades foron os Hermanos Misioneros de Enfermos Pobres de Vigo ou o banco de alimentos que recibiu da institución 15.000 euros.

Finalmente, compre salientar que a Deputación colabora coas distintas entidades sociais na dotación das despensas que, polo xeral, entrega na época de Nadal. Por este concepto o Comedor da Esperanza de Vigo recibiu en varias anualidades 10.000 euros; pola súa banda Vida Digna tamén recibiu 10.000 euros; os Hermanos Misioneros de Enfermos Pobres 31.329 euros.

Banco Provincial de Alimentos, con sede en Vigo, acomete reparto de alimentos a favor de unas 17.000 persoas, a través de 132 institucións (como asociacións benéficas, residencias de maiores e Asilos , Comedores Benéficos, Garderías e Comedores Infantís, Centros de Acollida de Toxicómanos, Centros de Discapacitados, Cáritas Parroquiais ); “Afán” pola súa banda atende a 500 persoas; Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Vigo a 240 persoas; o comedor da Esperanza atende diariamente a 120 persoas; Vida Digna de Vigo, a 200 persoas a diario.

Pola súa banda a Asociación San Caetano e Damas da Providencia de Vigo, actualmente distribúe alimentos e enseres entre 500 persoas; Cáritas Tui-Vigo, que cooperan economicamente con numerosas familias no pago de recibos, realizan prestación social a través de cheques e ofrecen servizo de atención psicolóxica, resultando beneficiarias unas 18.000 persoas e Cáritas Redondela subministra alimentos a 140 persoas.

San Vicente de Paul de Vigo acomete labores de reparto de alimentos, roupeiro, asesoramento legal gratuíto, e cursos para inmigrantes, a favor de 3.000 persoas.; e finalmente, as Misioneras do Silencio ofrece comida a 130 persoas diarias.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: