SANTIAGO E GUIMARÃES ACOLLERÁN UNHA CONFERENCIA INTERNACIONAL SOBRE A DIMENSIÓN DAS INDUSTRIAS CREATIVAS NA EURORREXIÓN

O obxectivo principal do evento é a comunicación dun estudo cuantitativo sobre as empresas culturais das súas beiras do Miño e a súa repercusión económica.    Ademais da representación institucional galega e lusa, participarán expertos internacionais na materia como Andy Pratt, do King’s College de Londres, ou Paulo Alves, da Fundación Serralves de Porto.

 Santiago, 18 de febreiro de 2012.- A Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e o Paço dos Duques de Bragança en Guimarães acollerán os próximos días 23 e 24 de febreiro a Conferencia Internacional “As Industrias Creativas como Chave para o Futuro: Análise e Perspectivas”, na que representantes institucionais e expertos na materia analizarán a dimensión das empresas culturais da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en relación coa economía dos dous países. Impulsado e organizado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), o encontro conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da entidade portuguesa ADDICT (Agência para o Desenvolvimento das Indústrias Criativas). O obxectivo principal deste evento é a presentación dun amplo e exhaustivo estudo elaborado pola GNP-AECT, que leva por título “As industrias creativas en Galicia e Norte de Portugal. Análise cuantitativa”, no que se recollen cifras relativas aos sectores que participan na produción de bens e servizos culturais para conectalas co desenvolvemento económico xeral e con parámetros asociados a este, como son a taxa de emprego ou a creación de valor engadido. 

Diferentes eidos

O informe, que utiliza como primeiras fontes os datos do INE (Instituto Nacional de  Estadística) ou as achegas das empresas á Seguridade Social, abrangue a práctica totalidade dos sectores produtivos dos distintos eidos das industrias culturais, como son o audiovisual, a música, o produto gráfico, a arquitectura, o deseño, a publicidade, a creación tecnolóxica, as artes escénicas, as artes plásticas, a fotografía ou as bibliotecas, museos, arquivos, patrimonio, etc. Durante a conferencia, o director da Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero, analizará as conclusións do documento para o caso de Galicia; en tanto que Ricardo Luz, en representación de ADDICT, fará o propio no tocante ao territorio luso. Está previsto que na primeira xornada, que é a que se realizará en Santiago o 23 de febreiro, participen o conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Abad; o director de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo Aller; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director xeral das Artes do Ministerio de Cultura portugués, Samuel Rego; e a vicepresidenta do CCDR-N (Comissão de Cordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, Ana Teresa Lehmann. Na mesma sesión intervirá Andy Pratt, profesor do King’s College de Londres, que falará sobre o desenvolvemento das empresas creativas en clave de futuro; e Víctor Fernández Blanco, mestre da Universidade de Oviedo, que centrará a súa alocución nos desafíos e oportunidades para este tipo de empresas. 

Capital Europea da Cultura

Ao día seguinte, a conferencia internacional trasladarase a Guimarães, para pechar alí o encontro como parte da programación que como Capital Europea da Cultura 2012 está a celebrar a cidade portuguesa. Á xornada de Guimarães, que terá unha estrutura temática similar á de Compostela, sumaranse outras autoridades como Francisca Abreu, concelleira de Educación e Cultura da Cámara Municipal, Francisco José Viegas, secretario de Estado de Cultura do Goberno Portugués; e especialistas como Paulo Alves, procedente da Fundación Serralves e Isabel Neira, docente na Universidade de Santiago. Os profesionais e o público xeral interesados en asistir a este evento poden inscribirse, de xeito gratuíto e preferentemente ata o luns 20 de febreiro, a través da web da www.gnpaect.eu, dos enderezos de correo electrónico mjcorreia@gnpaect.eu / sriberio@gnpaect.eu e do teléfono +34 986 135 126.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: