UN PROGRAMA PIONEIRO COMBINARÁ FORMACIÓN E EMPREGO PARA MELLORAR A EMPREGABIL​IDADE DE 300 MOZOS CON BAIXA CUALIFICAC​IÓN

  • A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, presentaron hoxe en rolda de prensa esta iniciativa, denominada “Forcon”
  • Trátase dun dos programas acordados no seo do diálogo social entre Administración, patronal e sindicatos
  • O “Forcon”, coordinado por Traballo, conta cun orzamento de 1,4 millóns, aos que se sumarán os incentivos públicos destinados á fase de contratación
  • Trala fase de formación, o alumnado accederá a un contrato de traballo de 6 meses de duración
  • Os participantes obterán certificados de profesionalidade relacionados con sectores estratéxicos, que terán validez en todo o Estado

 Santiago, 18 de febreiro de 2012.- O Goberno galego vén de poñer en marcha un programa pioneiro que combina formación e emprego, e que vai destinado aos mozos e mozas desempregados, menores de 30 anos, e con baixa ou sen cualificación. A través desta iniciativa, prevese beneficiar a unhas 300 persoas que forman parte deste colectivo. A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, presentaron hoxe en rolda de prensa esta iniciativa. Trátase dun dos programa acordados en xaneiro no seo do diálogo social entre Administración, patronal e sindicatos. O obxectivo do programa é favorecer o emprego e facilitar a inserción laboral dos mozos e mozas sen cualificación, que representan un dos colectivos que presenta maiores dificultades actualmente. A iniciativa baséase en dúas fases: unha formativa; e outra de emprego. Para poñelas en marcha, a Xunta investirá 1,4 millóns de euros, aos que se sumarán os incentivos á contratación que se outorguen na fase de acceso ao mercado laboral. No que se refire á fase formativa, os participantes poderán formarse en especialidades formativas vinculadas a sectores estratéxicos da economía como son: a economía verde (enerxías renovables, preservación medioambiental…); economía da saúde (servizos á terceira idade, atención á dependencia); e economía do coñecemento (TIC, audiovisual e  cultura, biotecnoloxía…). A formación estará vencellada á obtención de certificados de profesionalidade, que terán validez en todo o Estado. Poderán participar nestas formacións aqueles mozos e mozas que non teñan formación académica ou ben que sexan titulados en educación secundaria obrigatoria. Os cursos impartiranse en centros públicos de formación profesional dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Deste xeito, a formación chegará a distintas comarcas de Galicia: A Coruña, Barbanza, Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vigo. Entre outras, impartiranse especialidades formativas como: mantemento e montaxe mecánico de equipo industrial; mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto cerrado de televisión; montaxe de instalacións solares fotovoltaicas; ou atención sociosanitaria a persoas dependentes. Serán un total de vinte accións formativas, nas que se incluirá tamén un módulo de igualdade de oportunidades e de prevención de riscos laborais que acreditará ao alumnado que posúe a formación necesaria para a obtención da tarxeta profesional da construción.

Formación práctica

Tras rematar o período de formación, os participantes deberán realizar unha fase de prácticas en centros de traballo, como primeiro achegamento ao mercado de traballo. Este módulo –que durará 6 meses- realizarase en empresas do sector, seleccionadas pola Administración para participar no proxecto. Durante esta etapa, o alumnado estará vinculado contractualmente coa empresa, con cotización á seguridade social, e as condicións laborais serán as establecidas no convenio colectivo de aplicación. A empresa contará cun incentivo público á contratación temporal, que ascenderá a 2.500 euros. No caso de que estes contratos temporais fosen despois transformados en indefinidos, ao rematar a vixencia do mesmo, a empresa tería dereito a unha axuda complementaria de 2.500 euros. En definitiva, trátase dun programa que permitirá mellorar a cualificación dos mozos e mozas desempregados, ao tempo que lles permite unha primeira inserción no mercado laboral.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: