Archive | febrero 20, 2012

A XUNTA REITERA QUE O SEU COMPROMISO CON ALFAGEME É FIRME E URXE Á ADMINISTRACIÓN CONCURSAL A QUE ATOPE UNHA ALTERNATIVA PARA GARANTIR O PROXECTO

O Igape e a Consellería de Economía e Industria salientan que están a realizar todo o que está na súa man para aportar solucións e dar viabilidade ás factorías e aos postos de traballo
A Xunta salienta a súa total implicación co futuro da empresa pero lembra que o pago dos avais, segundo reflicten os informes xurídicos, non é viable sen unha sentencia firme
O Goberno galego fai fincapé nas permanentes reunións que se están a manter coas partes implicadas, sindicatos, potenciais compradores e a banca, desde que comezou o proceso co fin de achegar posturas
En concreto salienta a comunicación continua cos sindicatos aos que informarán novamente en canto haxa avances na situación

2.000CORREDORES batirán el récord de participación eSTE DOMINGO EN porriño en LA VIINTERRUNNING

 El alcalde Nelson Santos y elconcejal de Deportes, M. Alejandro Lorenzo, junto a miembros de la organizacióndel evento, presentaron esta mañana en la Casa Consistorial la carrerapopular que se celebrará este domingo, 26 de febrero, por las calles del centrourbano

La edición de este año destaca por su labor de integración social ycolaboración con aquellos colectivos más desfavorecidos, así participarán comovoluntarios en la organización un grupo de reclusos del centro penitenciario deA Lama y usuarios de Aceesca. Además se realizará una donación de alimentos yaportación económica a SOS Porriño

La inscripción de adultos ya está cerrada, pero los niños aún puedenanotarse hasta las 23.59 horas de mañana martes. Competirán once categorías, detodas las edades, y habrá tres circuitos diferentes

O RENOVE DE CLIMATIZACIÓN DE ECONOMÍA E INDUSTRIA AXUDA XA Á SUBSTITUCIÓN DE MÁIS DE 700 EQUIPOS POR OUTROS MÁIS EFICIENTES

O plan, vixente ata o 30 de xuño, prevé cambiar máis de 1.200 caldeiras de condensación, equipos de aire acondicionado e bombas de calor

§ O obxectivo do programa é obter un aforro de enerxía primaria de máis de 143 toneladas equivalentes de petróleo reducindo o consumo das instalacións de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria

§ As axudas, de ata o 30% do custo total da obra, poden superar os 3.800 euros

A XUNTA PROMOCIONARÁ GALICIA COMO DESTINO TURÍSTICO PARA CAPTAR VIAXEIROS E EVITAR A PERDA DE USUARIOS NOS AEROPORTOS

  • Hernández mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes do sector da hostalería e o turismo para explicarlles a nova estratexia de promoción turística do noso territorio a través dos aeroportos.
  • Nunha primeira fase, ata o ano 2013, o investimento nos aeroportos de Peinador e Alvedro centrarase en potenciar os destinos Rías Baixas e Coruña nas cidades coas que teñen conexións directas parta captar mais viaxeiros, dado que os contratos de patrocinio coas compañías low cost  non amosaron ser efectivos.
  • Nesta primeira fase, o investimento será equilibrado para cada aeroporto, cun orzamento no ano 2012 de un millón de euros en cada terminal
  • A partires do ano 2013, aplicarase o novo criterio con carácter xeral para promocionar o destino Galicia a través das tres terminais
  • Hernández agarda contar coa colaboración das compañías aéreas, ás que se invitará a participar nas campañas, así como coa participación do Concello da Coruña e do Patronato Rías Baixas, que xa amosaron a súa boa disposición
  • Así mesmo, manifestou a súa esperanza de que o Concello de Vigo tamén se sume a esta iniciativa.
  • “O operativo é ser capaces de encher os avións e incrementar o número de conexións” a base de facer atractivo o destino Galicia. “Este é o camiño e aí estaremos e invitaremos aos concellos a que se sumen”, afirmou o conselleiro. Leer Más…

PROGRAMA DIRECTIVOS: ESTRATEXIA E DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE INTERNACIONALIZACIÓN

Apoiar aos xestores de empresas galegas para elaborar un plan de internacionalización adaptado ás necesidades das súas firmas, mediante un programa de formación especializado e a titorización de expertos na materia, é o obxectivo deste programa para directivos do Igape que imparte a Escola de Negocios de Novacaixagalicia e que comezará a desenvolverse o próximo 15 de marzo. O programa está orientado a profesionais cun mínimo de tres anos de experiencia directiva internacional, cun nivel de inglés alto e procedentes de empresas xa introducidas na actividade de importación-exportación. O programa do curso inclúe formación intensiva en metodoloxía do proceso de internacionalización e estratexias avanzadas neste ámbito, e desenvolvemento titorizado do plan de internacionalización. Admisión: Valoración do curriculum vitae e entrevista en inglés coa dirección do programa. Prioridade -no caso de demanda superior á oferta-, para profesionais de empresas de Lugo e Ourense (no marco dos respectivos plans Impulsa).

 Solicitudes de inscrición: ata o próximo 2 de marzo.

 Máis información e inscripción www.igape.es

A DEPUTACIÓN PRESENTA O LIBRO “O DESENVOLVEMENTO DE VIGO E A SÚA COMARCA”, DE JOSÉ CID DOIRO

La obra repasa con ilustraciones del artista vigués y de una forma pedagógica y amena la evolución de la ciudad de Vigo desde sus inicios hasta nuestros días

Lugar:   Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo

Hora:    19.30 h.

Asisten:

  José Cid Doiro, autor

  Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra

  José Manuel Figueroa Vila, vicepresidente dla Deputación de                        Pontevedra

  Ignacio López Chaves, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo

  Francisco de Pablos, crítico de arte

Semblanza:   O pintor vigués José Cid Doiro iniciou o seu percorrido artístico en 1960, e despois de numerosas exposicións segueu o seu traballo artísitico en diversas cidades de España, entre as que destacan Madrid, Zaragoza ou Málaga. A partires de 1978, a súa obra desenrola una andaina por varios países do mundo, ata que en 1985 volta a Galicia no concurso de arte en cómic que organiza a Deputación de Pontevedra. A súa obra e amplamente coñecida pola gran suma de exposición e participacións en publicacións feitas ao longo de cincoenta anos de oficio.

BRAVO BOSCH COÑECEU HOXE AS INSTALACIÓNS DO CPI CELSO EMILIO FERREIRO, ONDE MANTIVO UN ENCONTRO COS PAIS E NAIS DO CENTRO

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo deu resposta ás inquietudes dos pais e nais sobre o traslado dos alumnos de Secundaria ao IES Álvaro Cunqueiro.
  • Insistiu na mellora que suporá para a calidade educativa dos alumnos e alumnas e o aproveitamento das actuais instalacións na zona de referencia.
  • Agradeceu a “boa disposición” dos pais e nais e comprometeuse a realizar un estudo para executar unha serie de actuacións prioritarias no centro.
  • O vindeiro Consello Escolar do IES Álvaro Cunqueiro contará con representantes da Anpa Moraima para facilitar o traslado dos alumnos e alumnas. Leer Más…

Noticias ayuntamiento de Vigo 20-02-12


O rexedor inaugura o parque infantil da rúa Cantabria no que se investiron 36.000 euros

Os nenos e nenas da rúa Cantabria disfrutan de case 300 metros de novas instalacións dun parque infantil no que se investiron, segundo explicou esta mañá o rexedor, 36.000 euros. Nesta zona xa se construíu unha pista para facer deporte, e o paso seguinte, avanzou, será un parque biosaludable.

 

20.000 veciños do rural ampliarán a súa capacidade de acceso a internet de 1 a 100 megas

O rexedor anunciou esta mañá de luns a aprobación das licenzas que permitirán a dúas empresas de telefonía elevar de 1 a 100 megas a capacidade técnica da rede de internet en distintas parroquias da cidade. Trátase, en verbas do alcalde, de dar o mesmo servizo no rural que no centro.

 


Caballero felicita aos “excelentes” profesionais de RNE no 75 aniversario da radio pública

O rexedor de Vigo visitou esta mañá de luns a plataforma intinerante de 140 metros cadrados que percorre España coa exposición “RNE, contigo” que está instalada na Praza de Compostela. Deste xeito, felicitou aos “excelentes” profesionais deste medio de comunicación o traballo que desenvolven “elaborando e transmitindo información con vocación de servizo público, veraz e obxectiva”.

A DEPUTACIÓN DESTINOU EN 2011 PRETO DE 220.000 EUROS ÁS CONFRARÍAS

  O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, reuniuse esta mañá co presidente e co secretario da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, José Antonio Gómez Castro e Javier Martínez Durán, para analizar a situación do sector pesqueiro e marisqueiro e o apoio da administración provincial ás confrarías, que no último ano ascendeu a 219.220 euros. Leer Más…

Teléfonica leva internet aos núcleos rural de Cangas

 • O director de Administracións Públicas do Territorio Norte de Telefónica, Manuel Alonso, visitou hoxe o concello para presentarlle o plan ao alcalde, José Enrique Sotelo.  • Máis de setecentos veciños beneficiaranse do despregamento da tecnoloxía 3G-UMTS, que continuará nos vindeiros meses.• Poderán acceder ás mesmas ofertas que nas cidades, e en toda a área verase mellorada a cobertura de datos en mobilidade. Leer Más…