Archivo | febrero 22, 2012

Noticias Ayuntamiento de Vigo 22-02-12


Vigo acollerá en decembro o XXXVII Simposio da Asociación Española de Economía

Máis de 300 economistas se achegarán ao Auditorio Mar de Vigo no mes de decembro para participar no XXXVII Simposio da Asociación Española de Economía. Así o avanzou hoxe mércores o rexedor, logo dunha xuntanza con responsables deste evento, unha xuntanza na que lle trasladaron a súa intención de analizar na cidade a situación económica en España e no ámbito global.

 


Presentación do libro “Obras breves de imaxinación”

No Centro de Documentación e Recursos Feministas presenta o xoves, 23 de febreiro ás 19:00 horas o libro “Obras breves de imaxinación” premios de relatos “Mulleres Progresistas” 2007-2011.

XUNTA E INSPECCIÓN DE TRABALLO COLABORARÁN NUNHA CAMPAÑA PARA INTENSIFICAR O CONTROL DOS EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe a Comisión territorial da Inspección de traballo e seguridade social de Galicia, onde se aprobaron os obxectivos para o ano 2012
  • Esta programación nace dunha “análise rigorosa, que foi perfilada coas Administracións e os distintos axentes sociais”
  • A nova campaña de seguimento dos ERE centrarase nos de suspensión da actividade e de redución da xornada
  • Tamén se continuará realizando un seguimento intensivo das condicións de seguridade no traballo, a prevención de riscos laborais, ou a loita contra a discriminación e o emprego irregular Leer Más…

A XUNTA LEMBRA QUE O PLAN SECTORIAL DA ETEA FOI SOMETIDO A INFORMACIÓN PUBLICA E O CONCELLO DE VIGO NON PRESENTOU NINGUNHA ALEGACION

  Vigo, 22 de febreiro de 2012.- A Xunta de Galicia levará mañá ao Consello de Goberno a modificación do Plan Sectorial da ETEA toda vez que o documento pasou todos os trámites necesarios para chegar ata este punto. O documento tivo un período de información pública no ano 2009, onde se recibiron alegacións dos veciños e veciñas de Teis e do grupo municipal do PP. O Concello de Vigo non presentou ningún tipo de alegación. A Xunta comprometeuse cos veciños e veciñas de Teis a abrir un proceso de diálogo e consensuar con eles o documento, o que se viu facendo durante este tempo. Así, tras analizar as alegacións presentadas e despois da negociación cos veciños, introducíronse algunhas das modificacións que plantexaron na liña de mellorar o proxecto na súa dimensión social. Os cambios introducidos no documento final non supoñen modificacións sustanciais nos usos do Campus do Mar, co que non é necesario volver a sometelo a información pública. Os usos da ETEA se manteñen, e unha vez introducidas as modificacións plantexadas polos veciños e veciñas de Teis, se somete ao Consello da Xunta toda vez que o Plan Sectorial xa superou o trámite da información pública, período que puido ser utilizado polo Concello de Vigo para presentar as súas alegacións se así o consideraran oportuno.

 

NOVAGALICI​A BANCO E NOVACAIXAG​ALICIA INAUGURAN EN A CORUÑA UNHA MOSTRA-HOM​ENAXE A ISAAC DÍAZ PARDO

Novagalicia Banco e Novacaixagalicia  inaugurarán  mañá xoves 23 de febreiro ás 20.00h na Coruña unha exposición dedicada ao histórico intelectual Isaac Díaz Pardo, falecido o pasado mes de xaneiro.

A exposición, na que colabora o seu fillo Xosé Díaz e que está ubicada na sede coruñesa da Fundación Novacaixagalicia, reunirá un total de 35 obras -óleos, bosquexos e debuxos- que poderán ser visitadas ata o 1 de maio.

JAVIER GUERRA REITERA AOS SINDICATOS A FIRME E MANIFESTA APOSTA DA XUNTA POLO MANTEMENTO DO PROXECTO INDUSTRIAL DE ALFAGEME

 O conselleiro salienta que o Goberno galego está a intensificar a busca de solucións

O  conselleiro de Economía e Industria transmitiu aos representantes dos traballadores da conserveira que se está a facer todo o posible para aportar alternativas que  garantan a viabilidade das factorías e os postos de traballo
Javier Guerra sinalou que o obxectivo da Xunta é evitar a liquidación da empresa e aludiu de novo á importancia da implicación de todas as partes
Lembrou que o Goberno galego poderá pagar os avais cando se dean as condicións xurídicas adecuadas, xa que agora os informes xurídicos non o permiten
Salientou ademais que a Consellería mantén o compromiso de apoiar con  9 millóns de euros á empresa que se faga cargo do novo proxecto empresarial

O PPDEG LAMENTA A INTRANSIXENCIA DO BNG PARA APROBAR UNHA INICIATIVA DE COMPROMISO COA VIABILIDADE DO MUSEO MARCO DE VIGO

  •  O Grupo Popular amosouse a favor de que a Xunta aportara os fondos necesarios, como xa se comprometera o ex-conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o actual secretario xeral Anxo Lorenzo
  • Os nacionalistas non aceptaron transaccionar a súa iniciativa o que obrigou aos populares a votar en contra da mesma Leer Más…

Comunicado de prensa Promegal

O conxunto de militantes que   abandonaremos esta mesma semana o PSOE vigués, queremos manifestar que desde   hai uns anos intentamos, coa nosa participación na oposición crítica á actual   Comisión Executiva Local do PSdeG – PSOE vigués, impulsar un proxecto de   rexeneración democrática e refundación do PSdeG local e nacional que, ao noso   xuízo, non se cumpriu nin se poderá cumprir no futuro. Leer Más…

SANTALICES SALIENTA QUE “MOI DESESPERADOS ESTÁN EN SOS SANIDADE PÚBLICA PARA LANZAR ACUSACIÓNS SEN FUNDAMENTO CONTRA PERSOAS VINCULADAS AO PP SOBRE AS OBRAS DO NOVO HOSPITAL DE VIGO

O voceiro de Sanidade do Grupo Popular critica que “nunca se lles escoitou denunciar os atrancos que o Concello de Vigo está poñendo a esta obra ou a inacción do anterior Goberno bipartito para dotar a Vigo de novas infraestruturas sanitarias” Leer Más…

OS GARDACOSTAS INCAUTÁRONSE DE MÁIS DE 1.100 ARTES E COMISARON PRETO DE 2 TONELADAS DE VARIAS ESPECIES EN DIVERSOS OPERATIVOS CONTRA O FURTIVISMO NA ÚLTIMA SEMANA

  •   En Marín, os gardacostas en colaboración con axentes da Garda Civil, requisaron 1 vehículo e máis de 1.000 quilos de varias especies por irregularidades na documentación
  • Na Ría de Muros e Noia foron incautados 712 aparellos ilegais e comisados 105 quilos, na súa gran maioría de polbo Leer Más…