BRAVO BOSCH TRASLADA AOS VECIÑOS DO CASCO VELLO DE VIGO TODO O APOIO DA XUNTA PARA QUE A FESTA DA RECONQUISTA SEXA DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO

  •   A delegada territorial da Xunta en Vigo explicoulles tamén os avances levados a cabo co Concello vigués para renovar a vixencia do Consorcio Casco Vello.
  • María José Bravo Bosch apostou claramente pola recuperación e dinamización do barrio histórico da cidade e adiantou o interese dunha entidade de ámbito estatal para participar da rehabilitación da zona antiga.
  • Considerou que hoxe estamos ante un “día histórico” para a cidade coa aprobación do Plan Sectorial de ordenación da ETEA no Consello da Xunta.

Vigo, 23 de febreiro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá unha reunión co presidente da Asociación de Veciños do Casco Vello, Cándido Pérez, e con responsables da organización da Festa da Reconquista de Vigo. No transcurso do encontro, Bravo Bosch trasladoulles todo o apoio do Goberno galego para que a Festa da Reconquista de Vigo sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego -solicitado ante a Secretaría Xeral de Turismo polos propios organizadores da festa-. Neste senso, en declaracións aos medios de comunicación, a delegada explicou que nestes momentos falta a resolución da comisión de valoración pero que, en todo caso, está a disposición do colectivo para “intentar axilizar esas xestións” e intentar que a Declaración chegue antes da celebración da festa. “Esperamos que sexamos capaces de ter esa Declaración antes de que sexa a Festa da Reconquista”, dixo. “Trátase dunha festa recoñecida incluso fóra das nosas fronteiras e espero que tamén teña ese recoñecemento da Xunta”, considerou. Noutro orde, a delegada da Xunta tamén tratou cos representantes veciñais a situación do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello de Vigo. Bravo Bosch quixo deixar claro que para a Administración autonómica o CCVV “é unha necesidade” para recuperar e dinamizar o barrio histórico e o seu entorno. E na liña de negociacións co Concello para renovar a vixencia do Consorcio, explicou que a vindeira semana se prevé manter unha reunión para renovar os órganos de dirección do organismo, recaendo a Presidencia na Xunta coma Administración maioritaria mentres que xurdiría unha nova figura de Vicepresidencia para o Concello de Vigo, e que o último borrador de Estatutos será remitido xa polo IGVS ao goberno local para poder contar co seu visto bo. “Queremos que decida se lle parece ben ou non, e de non ser así, ter unha actitude conciliadora e de consenso para que poida ser unha realidade”, considerou Bravo Bosch, quen amosou que haberá “tódalas concesións que vaian na liña de mellorar o Casco Vello”. Por outra banda, no que respecta ao CCVV, a responsable do Goberno galego na cidade avanzou a existencia do interese dunha entidade de ámbito estatal para participar na recuperación do barrio histórico. “Podo adiantar que hai unha entidade de ámbito estatal que amosou o seu interese para participar no Consorcio, aínda que sexa nun futuro, co que esperamos que todas estas iniciativas vexan o seu reflexo na dinamización da zona antiga”.

Plan Sectorial de ordenación da ETEA

Por último, a delegada da Xunta considerou que hoxe estamos ante un “día histórico” para Vigo coa aprobación do Plan Sectorial de ordenación da ETEA no Consello da Xunta. “Os veciños e veciñas de Teis, e todos os vigueses e viguesas van a poder participar deste magnífico proxecto que é a ETEA”, onde, coma engadiu, o Campus do Mar terá un “papel principal”, ao igual que outros usos sociais coma serán un xeriátrico, gardería, centros veciñais ou outros espazos. “Despois de moitos anos, por fin a principios de 2012 está aprobado, e todos e todas poderemos aproveitar este novo espazo público”, valorou, que conta cun amplo respaldo de todos os colectivos veciñais cos que xa está a manter unha rolda de contactos. A vindeira semana continuará con estes encontros co obxectivo de escoitar todas as súas demandas e suxerencias que, coma insistiu, “están case todas recollidas no proxecto sectorial aprobado hoxe”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: