FEIJÓO SUBLIÑA QUE A APROBACIÓN DO PLAN SECTORIAL DO CAMPUS DO MAR DE VIGO CONVERTE OS ANTIGOS TERREOS DA ETEA NUN ESPAZO DE REFERENCIA PARA A INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA E O BENESTAR DOS VIGUESES

   Sinala que, en virtude deste plan, a Xunta pon a disposición dos cidadáns unha extensión de 115.000 metros cadrados nos que o Goberno galego investirá unha contía aproximada de 100 millóns de euros para abrilos “á innovación, ao ocio, ao benestar e á convivencia dos vigueses”
 Precisa que o obxectivo é “que Vigo sexa un referente na innovación universitaria galega, e que teña “unha nova porta de entrada ao mar” para contribuír a revitalizar o barrio vigués de Teis
 Explica que o plan establece dúas grandes instalacións: a Iniciativa Atlántica en Investigación e Tecnoloxía Mariña, do Consello Superior de Investigacións Científicas (IAITEM-CSIC), e o propio Campus do Mar, da Universidade de Vigo
 Indica que a Universidade de Vigo ubicará neste terreos a Escola Internacional de Posgrao, as instalacións dos Servizos Centrais do propio Campus do Mar, e un Módulo Tecnolóxico do Mar, coa dobre misión de “promover a formación especializada en ciencias e tecnoloxías mariñas e a difusión social dos seus logros”
 Informa que o CSIC prevé instalar tres unidades: o Centro de Ciencias Mariñas do Atlántico, o Centro de Tecnoloxías Mariñas do Atlántico e o Laboratorio Comunitario de Referencia en Biotoxinas do Ministerio de Sanidade

Santiago, 23 de febreiro de 2012.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que o plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar, que esta mañá aprobou o Consello, converte Vigo nun espazo de referencia en investigación científica e universitaria, e abre á cidadanía os antigos terreos da ETEA para convertelos nun espazo de ocio e benestar. O mandatario galego sinalou que con este acordo a Xunta pon a disposición dos cidadáns unha extensión de 115.000 metros cadrados nos que o Goberno galego investirá unha contía aproximada de 100 millóns de euros. Segundo abundou, con este acordo, a Xunta dá cumprimento a un compromiso desta lexislatura e pon en marcha o terceiro gran proxecto desta lexislatura na cidade viguesa xunto ao hospital público e a depuradora. O compromiso, explicou Feijóo, “é cumprir e abrir á cidade de Vigo os antigos terreos da ETEA” para abrilos “á innovación, ao ocio, ao benestar e á convivencia dos vigueses”.  O obxectivo, proseguiu, é “que Vigo sexa un referente na innovación universitaria, na innovación galega, e que teña unha nova porta de entrada ao mar para contribuír a revitalizar esa parte importante da cidade” no barrio de Teis. O plan sectorial converte, polo tanto, os antigos terreos da ETEA “nun espazo para a investigación universitaria e industrial, e nun espazo para o benestar e o ocio dunha zona singular para a cidade de Vigo”.

Protagonismo especial para a innovación
No tocante á innovación, o titular da Xunta sinalou que “terá un protagonismo especial neste proxecto”, posto que o Campus do Mar terá un espazo físico nesta área. Así, o plan establece que estes terreos contarán con dúas grandes instalacións: a Iniciativa Atlántica en Investigación e Tecnoloxía Mariña, do Consello Superior de Investigacións Científicas (IAITEM-CSIC); e o propio Campus do Mar, da Universidade de Vigo. No que se refire ao Campus do Mar, a Universidade de Vigo ubicará a Escola Internacional de Posgrao, as instalacións dos Servizos Centrais do propio Campus do Mar, e un Módulo Tecnolóxico do Mar. Estes espazos, en palabras do presidente, terán “unha dobre misión: promover a formación especializada en ciencias e tecnoloxías mariñas e a difusión social dos seus logros”. Segundo concretou, na primeira fase está previsto que se constrúa neste módulo a Unidade de Apoio a Campañas Oceanográficas e a Instalación de Ensaios Sumerxidos; ademais, sinalou que está previsto que o Instituto Español de Oceanografía traslade parte das súas liñas de investigación do Centro Oceanográfico de Vigo ás instalacións da ETEA. No que se refire ao CSIC, a Iniciativa Atlántica en Investigación e Tecnoloxía Mariña está concibida como “un campus científico de referencia no ámbito das ciencias mariñas e a biotecnoloxía mariña”. Segundo apuntou Feijóo, o CSIC prevé instalar tres unidades: o Centro de Ciencias Mariñas do Atlántico, o Centro de Tecnoloxías Mariñas do Atlántico e o Laboratorio Comunitario de Referencia en Biotoxinas do Ministerio de Sanidade.  Po outra banda, o outro 50 por cento desta superficie estará destinada ao benestar e ao ocio para abrir posibilidades culturais, socias, deportivas e de ocio á cidadanía. O presidente galego indicou que o plan sectorial determina que o antigo edificio Gauss da ETEA, será dedicado a este fin. Ubicaranse, tamén, servizos de atención social, e haberá algún espazo para vivenda; ademais dun polideportivo, un campo de deportes, e diversos espazos para a potenciación do goce e o uso público do litoral, como a apertura do praia do Areal da Punta aos cidadáns do barrio de Teis.

O
 Sinala que, en virtude deste plan, a Xunta pon a disposición dos cidadáns unha extensión de 115.000 metros cadrados nos que o Goberno galego investirá unha contía aproximada de 100 millóns de euros para abrilos “á innovación, ao ocio, ao benestar e á convivencia dos vigueses”
 Precisa que o obxectivo é “que Vigo sexa un referente na innovación universitaria galega, e que teña “unha nova porta de entrada ao mar” para contribuír a revitalizar o barrio vigués de Teis
 Explica que o plan establece dúas grandes instalacións: a Iniciativa Atlántica en Investigación e Tecnoloxía Mariña, do Consello Superior de Investigacións Científicas (IAITEM-CSIC), e o propio Campus do Mar, da Universidade de Vigo
 Indica que a Universidade de Vigo ubicará neste terreos a Escola Internacional de Posgrao, as instalacións dos Servizos Centrais do propio Campus do Mar, e un Módulo Tecnolóxico do Mar, coa dobre misión de “promover a formación especializada en ciencias e tecnoloxías mariñas e a difusión social dos seus logros”
 Informa que o CSIC prevé instalar tres unidades: o Centro de Ciencias Mariñas do Atlántico, o Centro de Tecnoloxías Mariñas do Atlántico e o Laboratorio Comunitario de Referencia en Biotoxinas do Ministerio de Sanidade

Santiago, 23 de febreiro de 2012.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que o plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar, que esta mañá aprobou o Consello, converte Vigo nun espazo de referencia en investigación científica e universitaria, e abre á cidadanía os antigos terreos da ETEA para convertelos nun espazo de ocio e benestar. O mandatario galego sinalou que con este acordo a Xunta pon a disposición dos cidadáns unha extensión de 115.000 metros cadrados nos que o Goberno galego investirá unha contía aproximada de 100 millóns de euros.

Segundo abundou, con este acordo, a Xunta dá cumprimento a un compromiso desta lexislatura e pon en marcha o terceiro gran proxecto desta lexislatura na cidade viguesa xunto ao hospital público e a depuradora. O compromiso, explicou Feijóo, “é cumprir e abrir á cidade de Vigo os antigos terreos da ETEA” para abrilos “á innovación, ao ocio, ao benestar e á convivencia dos vigueses”.

O obxectivo, proseguiu, é “que Vigo sexa un referente na innovación universitaria, na innovación galega, e que teña unha nova porta de entrada ao mar para contribuír a revitalizar esa parte importante da cidade” no barrio de Teis. O plan sectorial converte, polo tanto, os antigos terreos da ETEA “nun espazo para a investigación universitaria e industrial, e nun espazo para o benestar e o ocio dunha zona singular para a cidade de Vigo”.

Protagonismo especial para a innovación
No tocante á innovación, o titular da Xunta sinalou que “terá un protagonismo especial neste proxecto”, posto que o Campus do Mar terá un espazo físico nesta área. Así, o plan establece que estes terreos contarán con dúas grandes instalacións: a Iniciativa Atlántica en Investigación e Tecnoloxía Mariña, do Consello Superior de Investigacións Científicas (IAITEM-CSIC); e o propio Campus do Mar, da Universidade de Vigo.

No que se refire ao Campus do Mar, a Universidade de Vigo ubicará a Escola Internacional de Posgrao, as instalacións dos Servizos Centrais do propio Campus do Mar, e un Módulo Tecnolóxico do Mar. Estes espazos, en palabras do presidente, terán “unha dobre misión: promover a formación especializada en ciencias e tecnoloxías mariñas e a difusión social dos seus logros”.

Segundo concretou, na primeira fase está previsto que se constrúa neste módulo a Unidade de Apoio a Campañas Oceanográficas e a Instalación de Ensaios Sumerxidos; ademais, sinalou que está previsto que o Instituto Español de Oceanografía traslade parte das súas liñas de investigación do Centro Oceanográfico de Vigo ás instalacións da ETEA.

No que se refire ao CSIC, a Iniciativa Atlántica en Investigación e Tecnoloxía Mariña está concibida como “un campus científico de referencia no ámbito das ciencias mariñas e a biotecnoloxía mariña”. Segundo apuntou Feijóo, o CSIC prevé instalar tres unidades: o Centro de Ciencias Mariñas do Atlántico, o Centro de Tecnoloxías Mariñas do Atlántico e o Laboratorio Comunitario de Referencia en Biotoxinas do Ministerio de Sanidade.

Po outra banda, o outro 50 por cento desta superficie estará destinada ao benestar e ao ocio para abrir posibilidades culturais, socias, deportivas e de ocio á cidadanía. O presidente galego indicou que o plan sectorial determina que o antigo edificio Gauss da ETEA, será dedicado a este fin. Ubicaranse, tamén, servizos de atención social, e haberá algún espazo para vivenda; ademais dun polideportivo, un campo de deportes, e diversos espazos para a potenciación do goce e o uso público do litoral, como a apertura do praia do Areal da Punta aos cidadáns do barrio de Teis.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: