Manifestac​ión Vigo.

  Máis de 500 delegados e delegadas da    CIG percorreron hoxe as rúas de Vigo en manifestación para rexeitar    a nova reforma    laboral do Goberno español e chamar ao conxunto da clase    traballadora a participar na xornada de folga xeral do videiro 29 de    marzo. Antes da mobilización, que rematou cunha concentración    diante do concello e a entrega dun escrito solicitando o apoio da    corporación á convocatoria, os representantes sindicais    participaron nunha asemblea na que se abordaron os principais    aspectos da normativa e o calendario de protestas previsto para as    vindeiras semanas.   
A marcha partiu da rúa Vázquez Varela      pasadas as 12.00 horas e percorreu a rúa Venezuela até a Praza do      Rei, onde se deu lectura ao escrito que foi entregado previamente      no      Rexistro Xeral do Concello polo secretario comarcal da central      nacionalista. Durante o traxecto berráronse consignas como “A      crise social que a pague o capital”, “Reforma laboral, terrorismo      patronal” ou “A culpa é dos que votan ao PP”. Pero sobre todo      puidéronse escoitar chamadas á folga xeral.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: