Os traballadores/as da empresa que xestiona a rede semafórica de Vigo estudan convocar protestas tras coñecer que haberá recortes orzamentarios

O Concello reduce a partida destinada á concesión municipal en 750.000 euros, o que podería provocar despedimentos no cadro de persoal

VIGO/23-02-12

Os traballadores e traballadoras de Equipos de Señalización e Control (Esycsa), empresa encargada do mantemento da rede semafórica de Vigo, estudan convocar mobilizacións ante o temor de que os recortes na partida destinada á concesión municipal se traduzan en despedimentos. Dende o comité explican que no borrador do novo orzamento contémplase unha redución de 750.000 euros e que a pesar de que os responsábeis municipais aseguran que non haberá rescisións de contrato, “dende a compañía non desbotan ningunha posibilidade no futuro”. Dende a CIG indican que a preocupación instalouse entre os traballadores/as nada máis coñecer que no borrador do próximo presuposto municipal establécese que a partida económica para esta concesión municipal será de 2.580.000 euros, o que supón unha redución de 750.000 euros. O comité de empresa mantivo xuntanzas co Goberno local e coa oposición -reuníronse co BNG e solicitaron tamén un encontro co PP- na que os responsábeis municipais lles trasladaron o compromiso de que o recorte orzamentario non suporía despedimentos porque só vai afectar ao capítulo de novos investimentos e non aos recursos destinados ao mantemento da rede semafórica. Esta circunstancia non fixo máis que incrementar o temor dos empregados/as xa que, tal e como lembran, “entre o cadro de persoal temos instaladores e preguntámonos que pasará con eles cando se aprobe o orzamento e queden sen carga de traballo”. Sosteñen tamén que a pesar de que os responsábeis municipais lles aseguraron que non haberá despedimentos, “o xerente da empresa di que a curto prazo non haberá cambios, pero deixa a porta aberta a rescisións de contrato no caso de que os recortes se materialicen”. Diante disto, o cadro de persoal, integrado por 39 traballadores e traballadoras, manterá xuntanzas nos vindeiros días para abordar a posibilidade de convocar mobilizacións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: