Noticias Ayuntamiento de Vigo 24-02-12


O alcalde recibe “con satisfacción” que Castellano garanta Vigo como sede operativa de Nova Galicia Banco

O rexedor de Vigo lembroulle esta mañá ao presidente de Nova Galicia Banco, José María Castellano, que os estatutos do banco establecen a obrigatoriedade de que os consellos de administración se desenvolvan en Vigo. Logo de manter un encontro cos máximos responsables da entidade financeira, Caballero amosou a súa satisfacción porque Castellano garantiu esa petición, ademais de ratificar o compromiso de que a sede operativa do banco estea en Vigo.

 


O goberno local amplía os puntos de consulta do Arquivo Pacheco e traballa na conservación dos seus fondos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá, entre os que subliñou a reanudación dos servizos de consulta deste arquivo, que incrementará de catro a seis os puntos de visionado dos fondos. Caballero tamén desvelou que o Concello traballa xa na dixitalización, conservación preventiva e restauración do material do Pacheco.

 

O Concello da luz verde á Consellería de Educación para reformar o comedor do Illas Cíes

A Xerencia de Urbanismo autorizou esta mañá á Consellería de Educación para realizar obras no comedor do Ceip Illas Cíes, cun investimento de 107.774 euros. Asimesmo, deuse luz verde esta mañá á recepción definitiva da Unidade de Acción Fraga. Segundo explicou esta mañá o rexedor, trátase das rúas García Barbón, Isabel II e República Arxentina, e supuxeron un investimento de 400.000 euros.

 


O novo Interventor do Concello tomou posesión do seu cargo

Na mañá deste venres tivo lugar na Alcaldía a toma de posesión de Luis García como novo Interventor do Concello de Vigo, un acto de sinatura e aceptación do cargo no que estivo presente tanto o alcalde de Vigo, Abel Caballero, como a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva.

 

Contacontos Pepiña Maruxiña quere voar

 

CONVENIO REGULADOR DA CESIÓN GRATUITA DO SOTO PRIMEIRO DA EDIFICACIÓN SITUADA NA AVENIDA DE SAMIL

 

PLAN PARCIAL S-34-R FALCOA. APROBACION INICIAL. EXPTE. 11485/411

 

Datas de comenzo e final de cobranza, en período voluntario

 

Establécese sentido único na rúa CARRAZONS (Matamá), treito entre o
número 19 e a rúa Manuel Cominges, cara a Manuel Cominges

 

Pechada ao tráfico a rúa CATALUÑA,
cruzamento con Vizcaia

 

Pechada ao tráfico a rúa CHURRUCA, treito entre Pza. Portugal
e rúa Gravina

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: