RAFAEL LOUZÁN CUALIFICA DE “MOI ACERTADA” A REUNIÓN DE ANA PASTOR EN VIGO PARA ANALIZAR O FUTURO DO AVE

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, valorou hoxe como “moi acertada” a decisión da ministra de Fomento, Ana Pastor, de analizar con colectivos sociais e representantes públicos o futuro do AVE. Tras reiterar que “Galicia, a provincia de Pontevedra e Vigo en particular son afortunados por ter unha ministra de Pontevedra, galega, para sacar adiante os grandes compromisos que ten esta provincia en materia de alta velocidade”, Louzán salientou que a vontade de diálogo amosada por Ana Pastor, “nunca antes se producira”. Nesta liña, amosouse convencido de que moitos proxectos terían saído mellor se se contase coa opinión pública. Así referiuse ao aparcamento do aeroporto de Vigo, indicando que “se houbese preguntado se era necesario facer un aparcamento tan grande, poñer en marcha unha ampliación do aeroporto e un párking 5 veces superior ao que precisamos”, ao mellor tíñanse feito as cousas doutra maneira. “Nesta provincia temos a fortuna de ter unha persoa á fronte do ministerio de Fomento que coñece as necesidades da provincia e que, a pesar diso quere escoitar e benvida sexa. Ogallá moitos políticos fixeran o mesmo”, concluíu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: