Archive | febrero 27, 2012

Noticias Ayuntamiento de vigo – 27-02-12

 

O Pleno reclama ao Goberno de España a derogación da reforma laboral

Sendas mocións urxentes, presentadas polo BNG e polo PSdeG e votadas a favor por ambas formacións, sacaron adiante un acordo para manifestar o rexeitamento da Corporación viguesa á reforma laboral do goberno central, e solicitar deste a súa derogación. Vigo esixe unha mellora das relacións laborais en base ao consenso e negociación cos representantes sindicais, “que protexa ás persoas traballadoras fronte á precariedade laboral e inclúa estímulos reais para a xeración de emprego de xeito inmediato”.

 

O Pleno do Concello apoia a iniciativa de SOS Galicia contra os recortes sanitarios

Os votos de socialistas e nacionalistas foron quen de dar luz verde ao apoio do Pleno á Iniciativa Lexislativa Popular impulsada por SOS Galicia contra os recortes sanitarios, así como de trasladar esta decisión á presidenta do Parlamento. A Corporación decidiu instar á Xunta a á Consellería de Sanidade a garantir a Sanidade Pública como servizo universal e gratuíto.

 

O goberno local paga aos seus proveedores en 48 días, por debaixo do estipulado legalmente

A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, expuxo hoxe luns que o Concello de Vigo cumpre coa normativa que obriga ás administracións públicas a pagar as facturas en 50 días, facéndoo de media en 48 días. O informe da Tesourería Municipal correspondente ao segundo trimestre de 2011, elevado ao Pleno municipal, revela o 99,6% das obrigas contraídas pola administración local foron saldadas antes do 22 de novembro do pasado ano.

 

A Corporación insta a mellorar a calidade e organización da Escola de Artes e Oficios

Os grupos municipais acordaron por unanimidade estudar a mellora de calidade e organización da Escola de Artes e Oficios. O promotor da iniciativa, o Partido Popular, defendeu a necesidade de que esta proposta sexa trasladada aos traballadores e padroado do mencionado centro.

JAVIER GUERRA CUALIFICA O PLAN DE BARRERAS DE INCOMPLETO E INSUFICIENTE E ESIXE O COMPROMISO FIRME DOS PROPIETARIOS PARA SACAR ADIANTE O ESTALEIRO

  O conselleiro de Economía e Industria mostrou hoxe o seu descontento ante o plan de viabilidade presentado polos accionistas de Barreras
Sinalou que a proposta está baseada na esixencia ás partes, non na implicación dos propios accionistas do estaleiro, polo que é imprescindible, ademais dun maior compromiso,  a ampliación e detalle do plan
O titular de Economía anunciou a convocatoria dunha reunión coas partes para intentar atopar unha solución que garanta a viabilidade do estaleiro.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mostrou hoxe o descontento da Xunta de Galicia ante o plan de viabilidade remitido pola estaleiro vigués Barreras. Guerra cualificou a proposta elaborada polos accionistas da empresa de incompleta e insuficiente e salientou que está baseada na esixencia ás partes implicadas pero non conta co compromiso firme dos accionistas, condición da Xunta para apoiar o plan. O conselleiro fixo fincapé na implicación do Goberno galego coa busca de solucións para os traballadores de Barreras e a súa industria auxiliar, e recoñeceu que tras meses esperando esta proposta, agora vese que non conta co apoio decidido da dirección polo que salienta que “é imprescindible un maior compromiso e a ampliación e detalle do plan”. Guerra lembra que a Xunta de Galicia é parte da busca de solucións, polo que esixe unha maior implicación dos accionistas para o mantemento do estaleiro e mais a súa industria auxiliar. Ademais, lembroulle aos propietarios que a Xunta de Galicia respaldará un proxecto serio, solvente e que conte co compromiso das partes implicadas, e sobre todo, que conte coa intención dos propietarios de sacar adiante a empresa. O conselleiro anunciou a convocatoria dunha reunión entre as partes co fin de analizar posturas, estudar propostas, e barrallar alternativas que garantan a viabilidade do estaleiro.

A XUNTA ESTUDARÁ A INCORPORACIÓN DUNHA NOVA ESCOLA INFANTIL EN MOAÑA Á REDE DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS

  •   A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde do municipio, José Fervenza, que lle trasladou tamén o seu interese polos programas de emprego.

 Moaña, 27 de febreiro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o municipio de Moaña para manter unha reunión de traballo co seu alcalde, José Fervenza, na que tamén estiveron presentes membros do goberno municipal e a xefa territorial de Traballo e Benestar, Carmen Bianchi. No transcurso da reunión, delegada e alcalde trataron os temas pendentes que o Goberno galego ten co Concello moañés, sendo educación e emprego algúns dos temas prioritarios. Neste senso, o alcalde fixo especial mención á situación que atravesan ás obras da nova escola infantil municipal de Moaña -no lugar de Quintela- e que foron visitadas tamén no día de hoxe. En declaracións aos medios de comunicación, a delegada da Xunta aclarou que dende o Goberno galego se ían a realizar as xestións oportunas para comprobar se dita escola podería cumplir os requisitos técnicos que pide o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar –dependente da Consellería de Traballo e Benestar- co fin de incorporalo a súa rede de escolas infantís a través do Plan Educa. Deste modo, engadiu Bravo Bosch, os técnicos autonómicos supervisarán o proxecto “para ver se cumpre e poder incorporala á rede”. Por outra banda, e no que respecta a emprego, o alcalde amosou o seu interese por optar a novos plans de emprego que son concedidos pola Consellería de Traballo e Benestar. Neste caso, a delegada territorial informou que está pendente de publicarse a orde que regula a concesión de ditos programas de emprego e que, tendo en conta a situación actual, sería recomendable que o goberno local se puxera en contacto con outros concellos do seu entorno para ter maiores oportunidades á hora de optar a estes programas.

 

Pladesemapesga, estima un triunfo contra as manipulacións de Rosa Quintana a anulación do permiso da acuicultura da Laxe Brava en Corrubedo

O Tribunal de Xustiza Superior de Galicia, ven de anular a autorización da piscifatoría da Laxe Brava en Corrubedo que tanto defende Feijóo e Rosa Quintana, e a tan cacareada acuicultura que veñen pregonando día a día nos medios de comunicación, tratando de xustificar os modos e as formas de aniquilar o litoral galego en beneficio das multinacionais que nada respetan. Leer Más…

Agenda Fabrica de chocolate – Vigo

  NEUMAN + SEPTIEMBRE  www.neuman.es

Tauquilla: 7 €
miércoles 29 de                          febrero, 21.00 h.
ROCK FESTIVAL: MYTHS ABOUT PANDAS + OS                       

VACALOURAS + SILVER MIDNIGHT + DON GONZALO DJ

Taquilla: 3 €

Viernes 2 de marzo,                            21:30 h.
MOTORES

Taquilla: 5 €  http://motoresrockvigo.blogspot.com

Sabado 3 de                          marzo, 21.30 h.

Aemos apuesta por las nuevas tecnologías para mejorar la competitividad empresarial

El próximo miércoles 29 de febrero el Pazo de Mos acoge el primer Foro de Tecnología y Herramientas Aplicadas a la Empresa.- La Asociación participa en el Foro consciente de que las nuevas tecnologías son una herramienta útil para el desarrollo empresarial Leer Más…

NCG Banco renova aos seus conselleirosen 130 empresas participadas

Novo modelo que fixa a gratuidade e profesionalidade dos conselleiros

        A corporación CXG unifica a xestión nas 220 sociedades participadas

       Os economistas Pilar Cibrán e Gonzalo Ortiz, conselleiros do banco

 27.02.2012 O consello de administración de NCG Banco aprobou hoxe a renovación dos seus representantes nos consellos de administración e outros órganos de goberno en 130 empresas participadas, en base a un novo modelo de organización da carteira industrial. O novo regulamento establece os requisitos de profesionalidade de cada conselleiro, a gratuidade dos cargos e a actuación dos designados baixo a dirección de Participadas do grupo NCG.

PROGRAMA DIRECTIVOS​: ESTRATEXIA E DESENVOLVE​MENTO DO PLAN DE INTERNACIO​NALIZACIÓN

Apoiar aos xestores de empresas galegas para elaborar un plan de internacionalización adaptado ás necesidades das súas firmas, mediante un programa de formación especializado e a titorización de expertos na materia, é o obxectivo deste programa para directivos do Igape que imparte a Escola de Negocios de Novacaixagalicia e que comezará a desenvolverse o próximo 15 de marzo. O programa está orientado a profesionais cun mínimo de tres anos de experiencia directiva internacional, cun nivel de inglés alto e procedentes de empresas xa introducidas na actividade de importación-exportación. O programa do curso inclúe formación intensiva en metodoloxía do proceso de internacionalización e estratexias avanzadas neste ámbito, e desenvolvemento titorizado do plan de internacionalización. Admisión: Valoración do curriculum vitae e entrevista en inglés coa dirección do programa. Prioridade -no caso de demanda superior á oferta-, para profesionais de empresas de Lugo e Ourense (no marco dos respectivos plans Impulsa). Solicitudes de inscrición: ata o próximo 2 de marzo.

www.igape.es

NOVACAIXAG​ALICIA. WILDLIFE 2012. FOTÓGRAFOS DA NATUREZA ABRE AS SÚAS PORTAS HOXE EN PONTEVEDRA

O Centro Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra presenta desde hoxe a exposición “Fotógrafos da Natureza. Wildlife 2012”, integrada por 107 instantáneas de todos os recantos do planeta. Pontevedra é a primeira cidade española na que se abre esta mostra que se amosa simultaneamente no Museo de Historia Natural de Londres e que permanecerá aberta ata o   20 de maio

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA A COMPETITIVIDADE DE MÁIS DE 30 PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS A TRAVÉS DO PROXECTO MEDRA

A Consellería organiza un encontro mañá en Santiago no que se presentarán os plans de mellora postos en marcha ata o momento grazas a este programa de formación e acción

  • Na xornada achegaranse as claves de éxito do proxecto, que ofrece apoio continuado e personalizado a empresas novas en vías de consolidación
  • Contará coa presenza dos empresarios participantes no proxecto, que relatarán a súa experiencia e presentaranse os resultados das actividades Leer Más…