NOTA DE PRENSA SOBRE SANIDADE Cogave

COGAVE (Confederación Galega de Asociacións Veciñais, composta por federacións veciñais das catro provincias galegas, e que aglutina a máis de 400 asociacións) quere mostrar a súa opinión sobre a situación que vive a Sanidade en Galicia.  Dende un tempo a esta parte estanse a levar a cabo unha serie de recortes que merman considerablemente o estado de benestar. Ditos recortes pasan pola non cobertura das baixas de profesionais que se producen, ben sexa de médicos, de enfermeiros, e incluso de persoal que se xubila, co cal se está a sobrecargar de traballo ao resto de empregados, que se ven na obriga de asumir as funcións dos compañeiros causan baixa. Así mesmo, dende esta organización, facémonos eco dunha serie de informacións que esclarecen a existencia de listas de espera en atención primaria que se achegan ata os 7 días e incluso, nalgún caso, superan esta cifra. Situación esta, que merma a calidade da prestación. Por todo o anteriormente exposto, en canto ao que se refire aos recortes, a non cobertura de baixas e as listas de espera, queremos mostrar a nosa oposición frontal a dita situación. Queremos tamén recordar que existe solicitude de entrevista coa Sra. Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera, onde pretendemos abordar unha serie de temas, entre os cales se atopa o feito de que non se están a reunir as Comisións de Participación Sanitaria de toda Galicia. Dende Cogave entendemos que estas reunións deben levarse a cabo, sendo iso polo cal solicitamos a celebración das mesmas. Xa para finalizar e, sen intención de esgotar o tema, queremos poñer de manifesto que a sanidade debe ser pública, universal, gratuíta e de calidade; sen ningún tipo de copago nin de financiación privada

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: