Noticias Ayuntamiento de Vigo 28-02-12


A rede de abastecemento e saneamento de Vigo atenderá a un barrio e un polígono industrial de Mos

Un convenio asinado esta mañá de martes entre o alcalde, Abel Caballero, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, permitirá ao barrio de Herville e ao polígono industrial de Rebullóns, ambos de Mos, conectarse coa rede de abastecemento e saneamento de Vigo. Con este acordo, tal e como explicou o rexedor, amplíase o servizo de abastecemento a concellos da zona nunha «clara aposta pola cooperación, tal e como queremos que sexa a norma relación coas localidades limítrofes».

 


Chus Lago presentou unha «batería de iniciativas» do Consello Municipal da Muller para «conmemorar» o Día Internacional das Mulleres

«Os dereitos das mulleres son os dereitos do mundo» é o lema que agrupa as actividades preparadas para o 8 de marzo, tanto polo Consello Municipal da Muller como polo propio Concello de Vigo de xeito autónomo. Agarda a edil de Igualdade que estas accións, en particular a manifestación, «teñan moitísima concorrencia e moitísima xente que se achegue» a participar.

 


O Concello de Vigo acorda con Vegalsa-Eroski plantar máis arboredo no parque de Navia

A reunión mantida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os directivos de Vegalsa-Eroski saldouse coa decisión de realizar accións de colaboración de carácter medioambiental entre as partes, das que a primeira será incrementar o número de árbores no parque de Navia, a acometer pola empresa. O rexedor vigués subliñou o carácter «vangardista» da entidade «na aplicación de políticas medioambientais».

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: