BENESTAR ABRE MAÑÁ O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NAS 142 ESCOLAS INFANTÍS DA REDE GALIÑA AZUL DA XUNTA

  •   O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os requisitos e procedementos para solicitar algunha das prazas públicas de 0-3 anos
  • O proceso de matriculación inclúe para o vindeiro curso dezaseis escolas máis que o pasado ano cun incremento de 700 prazas
  • A resolución cos prazos e lugar de presentación de instancias pode consultarse na web www.escolasinfantis.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena  
  • A orde que anunciará o comezo do prazo para pedir unha praza nas escolas da Estrela, en Vigo, e do complexo administrativo da Xunta, en Pontevedra, sairá publicada cara a finais do mes de abril

 Santiago, 29 de febreiro de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar abre mañá xoves o prazo para solicitar praza nas 142 escolas infantís da Xunta de Galicia, integradas todas elas na Rede Galiña Azul. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os requisitos e procedementos para solicitar as prazas. A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias poderá consultarse a través da web www.escolasinfantís.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena. Segundo se sinala no devandito anuncio do DOG, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 1 ata o 31 de marzo, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 11 de maio e as listas definitivas, o día 11 de xuño. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 12 ata o 30 de xuño. Ás 142 escolas hai que sumarlles dúas máis que tamén forman parte da Rede Galiña Azul, aínda que a convocatoria que anunciará o comezo do proceso de matriculación sairá publicada no DOG cara a finais do próximo mes de abril, xa que son dous centros con prazas reservadas para traballadores da Xunta. Trátase das escolas infantís da Estrela, en Vigo, e a do Complexo Administrativo da Xunta, en Pontevedra. En total, a Rede de Escolas Infantís Galiña Azul da Xunta incluirá o vindeiro curso dezaseis centros máis que o pasado ao contar con cinco novas escolas que abren neste próximo mes de marzo en Betanzos, Carballo, Coristanco, O Pino e Pontevedra e con outras once en Carnota, Coirós, Curtis, Fisterra, Sobrado dos Monxes, Mazaricos, Alfoz, Vilalba, Cartelle, A Merca e Oímbra que abrirán a partir de setembro. O total de prazas nas 142 escolas da Xunta ofertadas neste periodo ordinario de matrícula ascende así a máis de 8.200, o que supón 718 prazas máis que ao comezo do presente curso. Por provincias, a oferta é de 3.129 prazas na Coruña, 918 en Lugo, 1.164 na provincia de Ourense e 3.020 en Pontevedra.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: