Entrega diplomas calidade a 123 establecem​entos Turismo da provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o responsable de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, entregaron hoxe os Diplomas de Calidade do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED) a 123 empresas e entidades da provincia de Pontevedra que acadaron esta distinción.

O SICTED é un proxecto da Secretaría Xeneral de Turismo, auspiciado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que, en colaboración coa Deputación, traballa na procura da calidade en este destino dende o ano 2005.

No 2011, Turismo Rías Baixas desenvolveu a sexta fase do Plan de Calidade que inclueu as seguintes accións: adhesión ó proxecto de 40 novas empresas; asistencia técnica ás 103 empresas distinguidas en anos anteriores; realización de xornadas para mellorar a competitividade das empresas e formalas en tecnoloxías da información e comunicación; visitas individualizadas de asesoramento técnico para diagnosticar e implantar melloras na organización; realización das avaliacións de distinción ás empresas para conseguir o selo de recoñecemento; e recollida de propostos de mellora sobre o destino Rías Baixas.

Galardóns por actividade e por comarcas

Este ano de 2011 foron distinguidas  123 empresas e entidades. 27 delas son de nova incorporación e 96 acadaron renovar a marca e as esixencias de calidade obtidas en anos anteriores.

Os diplomas entregados por actividade corresponden a: 29 hoteis e apartamentos, 24 empresas de turismo rural, 12 museos e centros de interese, 10 oficinas de información, 6 restaurantes, 6 praias, 5 cámpings, 10 empresas de transporte turístico, 4 de turismo activo, 1 comercio, 1 servizo turístico de calidade, 1 taxi, 1 albergue, 2 empresas doutros servizos, 1 porto deportivo, 7 axencias de viaxes e 3 bares e cafeterías.

En canto á ubicación  comarcal, 6 empresas son do Deza; 2 de Tabeirós-Montes; 1 de Caldas; 32 do Salnés; 29 de Pontevedra; 13 do Morrazo; 27 de Vigo e comarca; 3 do Condado, 3 da Paradanta e 7 do Baixo Miño.

No acto de entrega do Diploma de Calidade, Louzán destacou que a calidade é un dos aspectos máis valorados polo turista á hora de elixir un destino. Por este motivo, a Deputación a través de Turismo Rías Baixas apostou no ano 2005 por implantar un Plan de Calidade provincial que traballa por potenciar e mellorar todos os servizos turísticos.

Aposta por un destino diferenciado e de calidade

 A de Pontevedra foi a Deputación pioneira a nivel nacional que se sumou ó Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) dentro do territorio español. Hoxe ocupa o 2º lugar, despois de Barcelona, en número de empresas e entidades recoñecidas co galardón. Nestes momentos, en España, traballan na implantación do SICTED 135 destinos turísticos cun total de 4.232 empresas distinguidas.

Louzán sinalou que a laboura de Turismo Rías Baixas e das empresas hoxe diplomadas <é  unha aposta segura para converter á provincia nun  destino competitivo e diferenciado grazas ó traballo de todos os axentes turísticos que apostan pola calidade no seu  servizo>. Na actualidade, a provincia de Pontevedra ocupa o 7º posto no ranking nacional de preferencias de destinos e o 5º en canto ó número de pernoctacións.

O presidente da Deputación lembrou que o Turismo constitúe un importante sector no eido da creación do emprego e riqueza. <Nos tempos actuais temos que apostar, máis que nunca, por él>, conclueu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: