O MUSEO DO MAR DE GALICIA IMPULSA O SEU LABOR DE DIFUSIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MARÍTIMO COA REAPERTURA DO ACUARIO

  • O secretario xeral de Cultura participou esta mañá na reapertura do acuario, que reforzará a actividade educadora e de posta en valor da riqueza mariña de Galicia
  • O acto contou coa exhibición dun mergullador que lle amosou ao público como alimentan os exemplares das 40 especies que se poden ver no acuario

Vigo, 3 de marzo de 2012.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta mañá na reapertura do acuario do Museo do Mar de Galicia, en Vigo, onde destacou o papel da entidade como “referente no seu labor de posta en valor e difusión do patrimonio marítimo de Galicia”. Coa reapertura do acuario, logo do seu proceso de adaptación ás esixencias da Unión Europea para este tipo de instalacións, o Museo do Mar de Galicia inicia unha nova etapa na que reforzará a súa aposta pola función educadora e divulgadora, xa que, segundo explicou o secretario xeral, “o acuario se presenta como unha excelente oportunidade para coñecer a nosa riqueza submarina”. Neste sentido, deu conta do labor que se está a realizar desde o acuario para aproximarlle a realidade do mar á cidadanía, “especialmente aos máis pequenos, para os que se desenvolven diversas actividades coas que poden coñecer de forma didáctica e atractiva a riqueza do noso fondo mar”, precisou. Finalmente, animou os galegos e as galegas “a coñecer o noso fondo mariño a través deste emblemático museo, que é ademais un marabilloso espazo arquitectónico, dotado das mellores infraestruturas”. O secretario xeral estivo acompañado pola directora do museo, Marta Lucio, e polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, César Pérez, así como polos numerosos visitantes do museo que asistiron á apertura do acuario. A celebración da reapertura contou coa participación dun mergullador que se somerxeu no tanque do acuario para lle amosar ao público como se lles dá de comer aos peixes. Ademais, estableceuse entrada gratuíta ao acuario durante toda a xornada de hoxe.

Unha viaxe submarina ata as Cíes

O acuario é un dos principais atractivos do Museo do Mar de Galicia, tal e como dan conta os máis de 25.000 visitantes que visitaron as súas instalacións ao longo do ano pasado. Nel amósase a pequena escala o tránsito submarino que vai desde o museo, no Alcabre, ata a costa atlántica das Illas Cíes, percorrendo tres ecosistemas: costa, ría e illas.

O obxectivo do acuario é reforzar a idea da explotación sostible dos recursos das rías galegas, e servir ademais como aula de interpretación do Parque Nacional das Illas Atlánticas na súa parte somerxible. Todo isto, a través dun único tanque de 140 metros cúbicos de auga e 200 metros cadrados de superficie no que conviven ducias de exemplares dunhas 40 especies de vertebrados e invertebrados.

O horario do acuario será, entre o 16 de setembro e o 14 de xuño (horario de inverno), de 10 a 14:00 h de martes a venres, e de 11:00 h a 19:00 h de sábado a domingo. Do 15 de xuño ao 15 de setembro (horario de verán), abrirá de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h, de martes a venres, e de 11:00 h a 21:00 h os sábados e domingos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: