Pladesemapesga se suma as denuncias sobre a acuicultura que envelena a Costa Galega

A Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia súmase a cooperativa de agricultura ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas e ADEGA, nas súas opinións ao afirmar que novamente ponse en evidencia a realidade da acuicultura que pregona e defende Feijóo e a actual Conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, que non só contamina o mar con residuos orgánicos, antibióticos e produtos químicos, senón que tamén envelena a terra.

Esto foi motivo para que fora chamado a declarar como imputado ao Director Xeral Pablo García Rodríguez, de STOLT SEA FARM, S.A. nas Dilixencias 493/2009 no Xulgado de Instrucción Penal núm.1 de Muros  contra a piscifatoría de Quilmas (Carnota), por un presunto delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente.

As verteduras continuadas nunha finca colindante de uns 800 metros cuadrados que deixou dende que se instalou a piscifactoria de dar produtos e colleitas convertindo a fina e un almacen contaminado de metais pesados e substancias salinas procedentes de residuos industriais.

Por esta razón a cooperativa de agricultura ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas, presentou denuncia pola falta de resposta aos requerimentos, ADEGA que se sumou as inquedanzas da cooperativa, tamén ven denunciando dende fai varios anos a grave contaminación causada por esta instalación de piscicultura tanto no mar como agora na terra, sen que STOLT SEA FARM, S.A., se inmutara polos feitos tan graves

Un informe presentado polos denunciantes do Departamento de Química Física e Enxeñería da UdC,  confirma que os terreos están contaminados, e deu pé aos fundamentos xurídicos para que o xuiz actuara en consecuencia abrindo o procedemento e incoara as dilixencias previas onde aperece como imputado o Director da Piscifactoría.

ADEGA alerta a ciudadanía ao que se suma Pladesemapesga, (www.pladesemapesga.com )sobre a insustentabilidade da piscicultura industrial que, alén dos brutais impactos paisaxísticos das súas instalacións e dos millóns de m3 de augas contaminadas con materia orgánica, antibióticos e químicos vertidos a caño libre anualmente, agora tamén envelena a terra con metais pesados.

O Partido Popular neste senso e acusado de diseñar un POL e redactar neste momento un PDA a medida destes resultados contaminantes do noso litoral, que, alén dos brutais impactos paisaxísticos das súas instalacións e dos millóns de m3 de augas contaminadas con materia orgánica, antibióticos e químicos vertidos a caño libre anualmente, agora tamén envelena a terra con metais pesados.

Os ecoloxistas de ADEGA pregunta a Feijóo e Rosa Quintana si se é este o modelo de desenvolvemento que queremos no litoral, e que xa ven denunciando publicamente a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia.

A salvo do Partido Popular no goberno da Xunta, ninguen desexa estas planatas, xaulas e bateas destructivas do sector artesanal galego, polo que no é comprensibel a confrontación social que esta creando o PP dende a Xunta, a reo de dar privilexios as empresas multinacionais co patrimonio dos galego/as.

Pero o mais curioso e que dende a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, afirman e denuncian que o mesmo Partido Popular, fora de Galicia, presenta mocións de censura, informes, denuncias e ataca de fronte este tipo de instalacións, un contrasentido que so evidencia grandes intereses ocultos que dende o PSdG PSOE e o BNG entre outros sectores do noso litoral están cansos de reclamar explicacións no mesmo Parlamento de Galicia ao que o PP fai caso omiso.

Pladesemapesga apoia e se suma totalmente a ADEGA cando afirma que Feijóo e Rosa Quintana dende a Xunta debería tomar exemplo e favorecer iniciativas como a de Quilmas en lugar de empeñarse en entregar o millor da nosa costa ás transnacionais especuladoras de alimentos que contaminan a terra e o mar.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: