Archive | marzo 5, 2012

Noticias Ayuntamiento de Vigo -05-03-12


Caballero solicita ao Ministerio de Industria apoio para o proxecto do coche eléctrico

O alcalde vigués manifestou este luns a súa «preocupación» pola caída das axudas do Goberno de España á adquisición dos vehículos eléctricos -que pasan de 49 millóns en 2011 aos 10 deste ano- e informou da remisión dunha carta ao ministro de Industria, José Manuel Soria, que manteña o apoio a un proxecto «da maior importancia» polo seu carácter innovador e medioambiental. O desenvolvemento do coche eléctrico podería crear en Vigo uns 1.000 empregos, afirmou Caballero.

 


O alcalde propón consensuar un novo tax lease que defender conxuntamente ante Bruxelas

Abel Caballero demandou este luns que a Consellería e o Ministerio de Industria manteñan un encontro coas empresas e os sindicatos do sector naval para consensuar entre as partes, e xunto ao Concello de Vigo, un novo tax lease que defender en conxunto ante Bruxelas. Para o rexedor este é un tema «central» e considerou «imprescindible» unha solución urxente, para o que ofreceu a colaboración do goberno local.

 


Festival Alternativo das artes escénicas de Vigo » ALT.12″ do 7 ó 11 de marzo

A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, ven de presentar a programación do Festival Alternativo das artes escénicas de Vigo » ALT.12″ que se celebrará dende este mércores día 7 ata o domingo 11 de marzo. A inauguración do festival contará cun espectáculo de danza aérea que terá lugar na fachada sur do MARCO coa compañía Sacude Danza, ás 20 horas.

 


Caballero cre que o circuíto municipal de carreiras populares «é un exemplo de como facer cidade e deporte saudable»

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a cuarta edición do Circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares, que este ano engloba a sete probas pedestres, seis con inicio e final no termo municipal e unha, a Vig-Bay, que sae de Samil e remata en Baiona.

 


Rede de Mulleres Veciñais. Videofórum

O martes 6 de marzo a Rede de Mulleres Veciñais ten previsto o visionado da película «Mulleres sen homes». A actividade terá lugar no Centro de Documentación e Recursos Feministas, situado na Biblioteca Central na rúa de Joaquín Yáñez 6 – 2º andar ás 18h.

Sesion ligera "Una noche de Vigo en Zenttric..

  Queridos amigos,

Llevamos unos días sin dar      señales de vida porque hemos estado inmersos en      el proyecto «Una                  Noche de Vigo en Madrid», para el cual      hemos producido nada menos que 24 vídeos       promocionales de nuestra ciudad. Podéis visitar      la página de facebook              del evento si os apetece verlos. Iremos subiendo todos en       los próximos días. Uno de ellos es ésta              Sesión Ligera que hoy os presentamos: Zenttric. Quedamos con ellos en el              Hotel Zenit de Vigo en una tarde fría de sábado.              Un frente frío atravesaba la Península Ibérica dejando      nieve por todas partes excepto aquí, en Vigo, una ciudad              congelada pero eso sí, con un radiante cielo azul. Como es              habitual no sabíamos exactamente lo que íbamos a hacer ni              donde. Barajábamos varias posibilidades. Se nos ocurrió, a              última hora, pedirle consejo al conserje.              Dicho y hecho, subimos a la azotea y se              nos apareció, allí estaba la localización                perfecta. Subimos a los chicos de Zenttric,              encantados de pasar frío con nosotros, y ahí fue la toma              perfecta. Una Sesión Ligera con la noche helada                cayendo sobre la ciudad… Nos alegra además              compartir con vosotros que esta semana, justo 3 años              después de subir nuestro primer vídeo, hemos          llegado a las 300.000 visitas en nuestro canal de Youtube!!!              De ellas, 100.000 han sido en                los 3 últimos meses

PRETO DE 3.000 PERSOAS VISITARON O ACUARIO DO MUSEO DO MAR DURANTE A FIN DE SEMANA

O sábado, día de reapertura do acuario, a cola para acceder ao acuario mantívose ata a hora de peche

Luns, 5 de marzo de 2012.- O Museo do Mar de Galicia viviu esta fin de semana un rexistro histórico de entradas, ao acadarse as cáseque 3.000 visitas ao acuario con motivo da súa reapertura. O sábado, día no que os visitantes puideron entrar ao recinto de balde, as colas para acceder ao tanque mantivéronse ata a hora de peche, pero o domingo, a pesar de ser un día normal de pago, o éxito no tocante á afluencia de visitantes repetiuse ao longo de toda a xornada. Neste senso, a dirección expresou o seu agradecemento pola boa disposición dos visitantes ante a obrigada espera. Cabe sinalar tamén que máis da metade dos visitantes que se achegaron ao Museo para visitar o acuario durante a fin de semana aproveitaron a ocasión para percorrer o resto das instalacións. As cifras acadadas esta fin de semana confirman a enorme expectación e o éxito xerado polo acuario entre o público que visita o Museo. Tal é así que a dirección estuda a posibilidade de fixar de forma permanente os días e as horas da semana nos que se poderá contemplar cómo un acuarista alimenta aos peixes, unha actividade que este pasado sábado espertou unha grande curiosidade entre o público

Novagalicia achega este ano 6.108millóns en novos créditos a empresas galegas

A entidade oferta financiamento a 28.000 empresas da Comunidade en 2012

·      O banco ofrece a pemes e autónomos préstamos especiais para crear emprego

·       700 millóns en préstamos para impulsar a internacionalización de pemes

·       O plan presentouse hoxe ante o presidente da CEG, Antonio Fontenla

 00.03.2012. Novagalicia Banco destinará durante este ano 6.108 millóns de euros a financiar o tecido produtivo galego, un 10,6% máis que durante 2011. A entidade deseñou un plan específico para reactivar o fluxo de crédito cara aqueles sectores e segmentos empresariais que xeran máis valor en Galicia, con especial atención ás pemes e autónomos. O obxectivo é financiar a 28.000 empresas da Comunidade

EL PPDENUNCIA QUE LA MAYOR CIUDAD DE GALICIA CARECE DE “PUNTOS LIMPIOS” EN LOS QUEDEPOSITAR RESIDUOS ESPECIALES, PESE A QUE EL PLAN GENERAL CONTEMPLA OCHOLUGARES ESPECÍFICOS EN EL MUNICIPIO

teresa egerique – puntos limpios
·       “Es un engaño más del alcalde y de la concejala de Urbanismo, que no han sido capacesde desarrollar el PGOM en ninguno de los ámbitos en los que está previstoubicar estos lugares de gran importancia medioambiental”, subraya TeresaEgerique.·       El grupomunicipal popular ya presentó en el anterior mandato una moción para que sepusiesen en marcha esas infraestructuras, de las que el alcalde hace casoomiso.

JAVIER GUERRA SALIENTA O ESFORZO CONTINUO DA XUNTA A PROL DUN MODELO SOCIAL, ECONÓMICO E ENERXÉTICO SUSTENTABLE, BASEADO NA CALIDADE E NA EFICIENCIA

Corte Audio Javier Guerra Dia Eficiencia Enerxetica

O conselleiro de Economía e Industria destaca a mensaxe escollida: “Existe só un Día mundial da eficiencia enerxética, pero 366 para facelo posible”
Segundo Guerra “o éxito” da estratexia da Xunta neste eido “está en manter un esforzo continuo de aforro e eficiencia”
Economía e Industria favoreceu a mobilización de investimentos por preto de 170 millóns de euros e evitou a emisión á atmosfera de 42.000 toneladas de CO2,co programa de aforro e eficiencia do Inega
Guerra animou aos cativos a aforrar enerxía e usala dun xeito responsable no día a día

JAVIER GUERRA SALIENTA A COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA E AS ENTIDADES FINANCEIRAS PARA FACILITAR O ACCESO AO CRÉDITO DAS EMPRESAS GALEGAS

O responsable de Economía e Industria destaca na presentación do Plan de crédito a empresas de Novagalicia Banco que “o acceso ao financiamento de autónomos, emprendedores e pequenas empresas é imprescindible para favorecer a creación de emprego, impulsar a innovación e a posta en marcha de novos negocios”

– O conselleiro, que valora o “compromiso” da entidade co tecido empresarial galego, apunta que o Igape aprobou na lexislatura 10.000 operacións que permitiron a mobilización de préstamos bancarios por máis de 1.000 millóns.- Guerra  considera que a aposta deste Plan pola internacionalización das pemes“será moi importante para reforzar o labor que xa estamos a desenvolver desde a Xunta, que leva apoiado a través do Igape máis de 2.500 proxectos  empresariais neste ámbito

O NOVO PROGRAMA DE DIAGNÓSTICOS DE COMPETITIVIDADE DE ECONOMÍA E INDUSTRIA AXUDARÁ A MELLORAR A XESTIÓN DAS EMPRESAS

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, amosouse convencido de quediagnósticos serán un instrumento fundamental para acadar a modernización do tecido empresarial galego

– Con este Programa desenvolverase un traballo individualizado con cada empresa para avanzar nas propostas de accións de mellora

– Na selección das 20 empresas participantes valorouse a localización nas zonas amparadas polos programas Impulsa Lugo, Impulsa Ourense, Plan Ferrol e Plan Costa da Morte e a súa pertenza a cúlster empresariais

– A esta experiencia piloto seguirá unha ampliación da oferta de diagnósticos facéndoa extensiva a todas as empresas interesadas. 

§- A experiencia iniciarase  mañá en Lugo e o mércores en Vigo

La CEP coordina la agenda de la visita del ministro del Perú

  Vigo, 5 de marzo de 2012.-

Urquizo Maggia, se encuentra en Vigo realizando una visita, tras manifestar su interés por conocer la provincia de Pontevedra y algunos de sus sectores estratégicos. La agenda ha sido coordinada por la Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a petición de la embajada de Perú en España, a través de su consejero económico comercial, Bernardo Muñoz. A las 6:30 am comenzaba una intensa mañana, con una visita a la lonja y al Puerto de Vigo. Leer más…

Charla-col​oquio linguas minorizada​s

En vista dos novos informes sobre a crítica situación das diversas linguas minoritarias de Europa, dende Galiza Nova organizamos unha charla-coloquio baixo o título «cada quen fala coma quen é», co fin de analizar e debatir estas situacións, nomeadamente a do Galego e o Bretón. Para tal fin contaremos con Carolina Díaz, profesora da Uvigo e tradutora de bretón e francés,  e Neal Baxter, escocés, profesor de Interpretación na Uvigo.

A charla terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución o martes día 6, na aula B1, ás 11.00.