MARCO Vigo: mañá mércores, novo intento récord guitarra

  Mañá mércores 7 marzo ás 17.00

Novo intento de récord de solo de guitarra no MARCO

Exposición PRESENZA ACTIVA

 Mañá mércores 7 de marzo, ás 17.00, un novo candidato       intentará batir o récord do ‘Solo de guitarra máis longo endexamais       interpretado’. Trátase do guitarrista Gabriel Domínguez García,       que coa súa participación activa novamente a peza do artista Thom Kubli na       exposición ‘PRESENZA ACTIVA. Acción, obxecto e público’. Thom Kubli. Record       Attempt,       2012. Foto: MARCO/Janite Record Attempt [Intento de récord], de Thom Kubli, é unha das obras incluídas na exposición PRESENZA ACTIVA, inaugurada recentemente nas salas da planta baixa. Esta instalación e plataforma de performance presenta un arquivo documental e un escenario en directo para que os participantes intenten bater a marca do ‘Solo de guitarra máis longo endexamais interpretado’, que na data de inauguración da exposición estaba en 6 horas e 18 segundos, e que o propio artista batiu o 9 de febreiro, cun novo rexistro de 7 horas, 5 minutos e 4 segundos.

http://www.marcovigo.com/content/presenza-activa

Dende entón, o concurso está aberto ao público para responder ao reto durante o período que dure a mostra, previa cita. Ata agorra, outros dous participantes (Francisco Javier Fragueiro Vilanova e Alex López Fernández) intentaron batir o récord, con rexistros de 57 minutos e 40 segundos; e 1 hora, 31 minutos e 25 segundos, respectivamente. Todas as actuacións están supervisadas por unha testemuña e son retransmitidas en tempo real a través da web. Durante as accións, o público permanece separado fisicamente da actividade, que ten lugar dentro dunha cabina illada, provista dunha fiestra para ver o interior. Na mesma sala exhíbese tamén un vídeo que documenta o primeiro intento de marca de Thom Kubli, sincronizado cun texto sonoro do artista revelando os sinceros motivos que o levaron a realizar o ‘Solo de guitarra máis longo endexamais interpretado’.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: